martes, 17 de marzo de 2009

PELI













¿Imaxinarades así ao protagonista de Los hombres que no...? Pois este é o actor sueco que interpreta ao xornalista M.Blomkvist.

sábado, 14 de marzo de 2009

OS PRIMEIROS CAPÍTULOS DE "LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES"

Más prolijo que enjundioso. Así se pode definir en castelán do bo calquera dos primeiros capítulos de "Los hombres que no amaban a las mujeres". Pero non desesperedes. Despois de perdernos sen remedio nas cuestións político-económicas do país veremos como se artella unha historia de intriga e van encaixando tódalas pezas do puzzle.
Ás veces as novelas son así e hai que esperar un pouco para poder deslizarnos doadamente por elas coma polas abas brancas nas invernías nevadas.
Por certo, prolijo quere decir extenso, detallado, e enjundioso significa sustancioso, importante. Non esquezades empregar estas dúas palabras cando conveña.
Ánimo coa lectura!

miércoles, 11 de marzo de 2009

CONTAMOS CONTOS COA TROPA DE TRAPO

A tropa de trapo engaiolounos coas súas voces doces e cercanas e os seus contos de inspiración tan distinta (Chan de Brito -¿escribirase así?- é como calquera das nosas aldeas e os seus habitantes como calquera dos nosos veciños, coma nós mesmos. O deserto é un mundo moito máis lonxano que, sen embargo, chegou doadamente a nós).
Algo aprendemos de mirar ao que escoita, de buscar camiños para continuar as historias, de facer nosos os contos que xa sabemos e de debullar a nosa imaxinación.
E sí, tamén fomos quen de tecer, coa axuda duns mulidos novelos, os nosos propios contos, nos que un caracol e unha volvoreta azul foron os protagonistas.
Que fermoso o oficio de contacontos! Non sí?

martes, 10 de marzo de 2009

SORPRESA NA REUNIÓN DE SALICORNIA


¡Para o venres temos preparada outra sorpresiña! :-) Só vos digo que será unha sorpresa... ¡¡¡umhmmmmm, que rica!!!
Un bico, corazóns...

lunes, 9 de marzo de 2009

A TROPA DE TRAPO CONTOUNOS CONTOS

Preciosos, en galego e castelán, con música e moito sentimento, máxico...
Compartimos espectáculo con alumnos do IES As Mariñas, interesados na lectura coma nos, e disfrutamos moito tanto dos contos como dos talleres.


Podedes visitar o blog do club de lectura do IES As Marismas pinchando neste enlace. http://asmarinaslectoras.blogspot.com/Hai máis fotos...

lunes, 2 de marzo de 2009

¡Imos coa terceira lectura!


O terceiro libro que leremos os salicornios-as é Los hombres que no amaban a las mujeres, unha novela (máis ben novelónnnnnnnn) de intriga, do autor sueco Stieg Larsson. Trátase do primeiro volume dunha triloxía (os dous seguintes son: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina e La reina en el palacio de las corrientes de aire) que esperamos que vos "enganche".
Aí tedes a orixinal portada.