miércoles, 25 de noviembre de 2009

Seguinte libro, salicornios-as!


Este martes non tivemos club, ocupouse a "olorosa" sala de usos múltiples. Botámosvos de menos. Ídevos preparando para comezar con ánimo o libro novo: O clan do oso cavernario, que repartiremos durante a semana para que poidades ler algo antes da seguinte reunión. Seguro que vos gustará Ayla, a protagonista feminina, e tamén Jondalar -cando o coñezades-. Ademais aparecerán (noveladas) a prehistoria, a vida dos neandertais e dos cromañóns...
En canto comecedes a lectura, pasade por aquí para que saibamos a vosa opinión. Estamos desexándoo!

martes, 10 de noviembre de 2009

MÁIS SOBRE ZARA

Sara esta mal, foi ao médico(esperemos que non teña gripe A) asi que hoxe escribo eu. Falta moita xente pero iso non é impedimento para comentar esta historia. Hoxe Begoña trouxonos unha proposta para contar a nosa opinión e poñela na revista e no blog, tamén no taboleiro que xa temos para o Club (compartido)...asi qe dadevos vida e escribide!
A Andrea non lle gusta a historia do asesino das horas e Begoña apóiaa; en cambio Carmen P. di que está ben, que esta relacionado con toda a historia, que leamos o final...
Andrea intenta convencer a Cris de que o libro mola, Cris so leu tres paxinas e. claro, de momento... jeje ...
Carmen sigue defendendo o papel dos asasino das horas, encántalle...pero Begoña...¡arre q non!
Intentamos recordar as vitimas deste asasino...¡vaia memoria que temos!
Ana chega tarde...Bego vaise ao teléfono... Ana comenta a relación entre as historias e o cambio do eu, lugar, tempo e guerras, ao longo dos capitulos.
Hai moi pouca compenetración nas páxinas lidas neste club, pareceme a min: Verónica vai moi adiantada, as profes igual e en cambio outras (eu incluida) imos un pouco atrasadas..
Volven mencionar as secuencias cinematográficas comentadas hai 15 dias... (recordovos que a semana pasada non houbo club xa que visitounos Inés Cuadrado...moitas gracias Inés!Un taller fantástico aínda que con pouca participación!).
Carmen volve a comentar sobre o asasino das horas... ela xa o acabou de ler, non lle da importancia máis que porque foi un trauma para Max. Bego volve dicir que ese personaxe esta metido para enganchar, con "calzador"... e di : “Este home que pinta aqi?”
Falamos sobre a posibilidade de que o autor nos visite ou ir visitalo a outro centro con outros club de lectura.
Volve a aparecer na conversa o asasino das horas(gran protagonista na reunión de hoxe). E soa o timbre!

Un bico para todos!En especial para Sara... mellórate!


Marina.