miércoles, 16 de diciembre de 2009

El clan del oso cavernario

Durante un momento da prehistoria conviviron duas ramas de homo : o Neanderthal eo cro-magno; deste feito nace esta novela. Lede a seguinte Presentación para ver en que se diferencian e se asemellan estes Homínidos prehistóricos e disfrutade algúns fragmentos da vida de Ayla (rapaza Cro-Magnon) e da súa familia adoptiva (un clan de neanderthales).



Premede AQUÍ para ler a presentación.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

martes, 8 de diciembre de 2009

ÁRBORE DOS HOMÍNIDOS

Para saber algo sobre a evolución da nosa especie e aclararvos coa historia que nos conta J.M Auel no Clan do oso cavernario, podedes entrar aquí. Parece algo lioso pero é moi interesante e todo o que leades está contado polo antropólogo Arsuaga, do proxecto Atapuerca.

sábado, 5 de diciembre de 2009

LIBRO ELECTRÓNICO, E-BOOK...


Mentres esperamos a nova reunión do club (esta semana tampouco nos vemos), vai unha información sobre o libro electrónico. O olor e o tacto do papel dun libro non é fácil de superar, pero... ¿imaxinades poder levar 3.500 libros nun pequeno formato de 175 gramos máis ou menos? Con só premer un botón podemos ler unha BD, El Quijote, un libro de poesía... Aínda son algo caros pero é unha tentación pedilo aos reis, non credes?

miércoles, 2 de diciembre de 2009

RESUMO do martes

Aquí estou, aínda que con retraso. Tratarei de facer un resumo dese día, aínda que a memoria non é o meu, jejeje...

Bueno pois un dia máis no blog...xa levávamos sen vir e!
Nótase que estamos en exames que aqui falta moita xente..unha por estudar,é certo,e outra moita por vagancia!
Aquí estamos uns cantos..esperando por Begoña que nos puxo unha foto dun enigma aí e..non sebemos que é o enigmatico..
Esta Begoña...a famosa foto enigmatica era un mero "exemplo" o verdadeiro enigma está chagando...bueno..despois de esperar polos tardóns...intentar resolver o enigma..empezamos a facer o que viñemos facer..por unha parte temos zara...rematada por algúns e nin empezada por outros jeje os que o remataron(Cris incluida:)gustoulles moito ...despois de rematar Zara..empezamos...El clan del oso cabernario...limos o principio...a nena sobrevive e chega a xunto os neandertales...e pouco mais..Carmen P. e CArmen S.din que van falar con Maria que necesitamos un pequeno repaso de historia..non se equivocan..
Polo de agora as opinións son diferentes...a uns lles gusta e a outros non tanto pero bueno isto cambiara que ainda estamos no principio:)
un bico!
Marina !

martes, 1 de diciembre de 2009

RESUMO do día 1

Hoxe non puidemos baixar o ordenata á reunión do club. Un fallo na Rede impediu a conexión, así que contaremos todo dentro duns días e non será en directo como outras veces... Sentímolo.
Ata pronto.