sábado, 13 de febrero de 2010

Outra preciosidade de Shaun Tan

Ademais de Emigrantes, que será o próximo libro que "LEAMOS" entre todos, o autor ten estoutra marabilla. Mirádeo con calma.

martes, 9 de febrero de 2010

Preparando a nova actividade


Un novo día no club de lectura! Hoxe non nos reunimos na “olorosa aula de usos multiples” senón que baixamos ata a clases de infantil de 5 anos para aprender como se conta un conto aos nenos pequerrechiños!! Porque… dentro de pouco –esperamos- iremos nós a facer o mesmo á escola de Ombre. A súa mestra, Saleta, é quen o conta mentres nós escachamos coa risa!! Son moi cuquiños! =) Os nenos estan moi contentos xa que lles encantan os debuxos do conto: unha Carapuchiña Vermella algo especial... Comezan pechando a boca coa chave que teñen gardada no peto do mandilón. E despois a mestra engáñaos coas cores, coa avoa e co lobo. Pero eles, que coñecen ben o conto, non tragan as mentiras. Saben que a carapuchiña é vermella, que a quen a nena vai ver é a avoa e que o animal que aparece no bosque é un lobo e NON unha xirafa –como aparece no conto-.
Ó final, comézalles a facer unhas cantas preguntiñas sobre o conto..e parece que estiveron moi atentos porque non faian nin unha! E hala! Todos para os seus sitios e a seguir traballando no que estaban!! Que obedientes! Non se parecen nada a nós, verdade? Jajaja… Non só os nenos o pasaron ben, tamén nós pasamos un anaco divertidísimo!! Esperamos volver pronto e pasalo tan ben como hoxe e ter aprendido a contar ou ler un conto aos pequechos!

Biquiños! Andrea e Fani =)

lunes, 8 de febrero de 2010

NOVO LIBRO


Pronto comezaremos un novo libro no club, así que bulide para rematar O clan do oso cavernario. Esta vez faremos algo diferente!!! Esperamos que resulte divertido e interesante.
Na imaxe tedes o libro que "LEREMOS" entre todos-as.

PREPARANDO A ACTIVIDADE DO BIBLIOBÚS


O martes 9 de febreiro non esquezades que imos á clase de Saleta para aprendermos a contar contos aos pequechos. Pronto iremos facerlles unha visita aos neniños da unitaria de Ombre e hai que coñecer "truquiños" para que se enganchen no que lles imos contar e ler.

lunes, 1 de febrero de 2010

E dálle coas broncas!


Hoxe por fin a esperada bronca!! por fin todos aqueles que non pisaban a olorosa aula de usos multiples dignaronse a recoñecer que non queren formar parte do magnífico club que temos montado e deixaron a porta aberta a novos membros. Así que marcharon 5 e ingresaron 4... quedamos case como estabamos, pero agora espero que sexamos máis serios!!!

Despois..todo coma sempre..comentamos o libro,uns lerono..outros non ..pero bueno..a charla estivo ben e:
Unha magnifica novidade...IMOS REALIZAR UNHA NOVA ACTIVIVADE: UN BIBLIOBUS!!!co colexio de Ombre...seleccionaremos libros levarmosllos,comentaremosllos,deixaremosllos alí e volveremos a por outros o cabo dun tempiño..pareceme algo fascinante!!participar tan de cheo con eses pequerrechiños (son 15 nenos entre 4 e 8 anos) que estou segura que lles encantará a nosa visita...:)
un bico!ata a semana que vén! Que prometemos contar máis cousas do libro. A ver se desta vez vai todo en serio.

marinA!