sábado, 27 de marzo de 2010

Un "glog" sobre Shaun Tan

Podedes entrar aquí para ler información sobre Shaun Tan e aprender a facer un bonito cartel no que podedes colgar de todo: fotos, textos, imaxes, vídeos... Para isto só tedes que entrar en GLOGSTER na parte superior esquerda e ... fedellar con calma. O programa é moi fácil e intuitivo.

martes, 23 de marzo de 2010

Gravamos e formamos unha familia!!!


Hoxe Salicornia fai turismo e baixa ata a biblioteca e, para comezar esta nova aventura como lecto-escritoras, fixémolo dunha maneira moi particular: non só lle poñeremos palabras a Emigrantes, senón que tamén aportaremos cada unha de nós unha voz. Tivemos uns pequenos problemiñas co son pero nada que non se poida amañar. A verdade é que o fixemos un pouquiño rápido e non profundizamos demasiado no que din esas espectaculares imaxes de Shaun Tan pero eu estou convencida de que foi cousa dos nervios... todas mirando o que dis e ti só queres acabar e ver como o fan as demais... Sei que o próximo día o faremos moito mellor e que de aquí sairá unha desas experiencias para non esquecer.

Ademais a nosa aventura como "Familia de contacontos" segue en pé; non creades que a cambiamos por Emigrantes, non non non...somos polifacéticos e podemos con isto e moito máis. Hoxe Chus díxonos que iamos ser unha pequena "familia", cun "apelido" moi particular que cada un debe pensar e escoller: unha rima co noso nome, por suposto relacionada co contacontos. Xa vos diremos como nos imos chamar!!!

Pois isto foi todo por hoxe, o último día de Salicornia na segunda avaliación, cada vez queda menos: o verán, as vacacións, a praia, o sol...todo iso está cada vez máis preto, pero para nós tamén as despedidas, incluída a do Clube, pero eu persoalmente non deixarei de pasarme polo blog para ver como o fai a miña ou meu sucesor/a :D

Un bico a todos e grazas por lernos unha avaliación máis.
Marina.

viernes, 19 de marzo de 2010

Unha páxina para ler

Nesta páxina podedes ler e ver moitos libros da editorial Bárbara Fiore. Entrade! Paga a pena!

jueves, 18 de marzo de 2010

Outro libro no Club


Unha imaxe do libro por dentro. A que seriades capaces de poñerlle palabras ás imaxes? Pois intentádeo.

Comenzamos unha nova aventura, algo diferente co que vexo que imos aprender a vez que reflexionar.Trátase dun libro sen palabras, un libro con imaxes que a cada persoa lle vai espertar un sentimento diferente, a algúns cambiaranos a forma de pensar, a outros axudaranos a valorar o que os nosos antepasados fixeron por nós, e incluso a algúns lles será indiferente, triste pero certo. Trátase dun deses libros que vale a pena ver, coa particularidade de que é capaz de trasmitirche sen palabras o que outros non conseguen con 200 follas. Simplemente o título xa nos fai pensar, Emigrantes, e cando abrimos a primeira páxina entramos de cheo nesa historia que cada un vai interpretar...Non sabemos moi ben como sairá isto pero o que si sei é que o afrontamos con moita ilusión, eu polo menos xa que o primeiro contacto foi impactante, símbolos, bágoas, xestos... o claro exemplo de que hai veces que unha imaxen transmite iso que nunca conseguiría unha palabra.
Veremos como continúa esta aventura na que nos ímos enrolar pois vai consistir en sesións de gravación na biblio xa que NÓS POÑEREMOS AS PALABRAS A EMIGRANTES... manterémosvos informados jeje
un bico:)
Marina!!

martes, 9 de marzo de 2010


Novamente a nosa reunión convertese nunha sesión de contacontos! Chus volvenos recitar contos, hai de todo, presentacións, interpretacions, paneis...DE TODO!:)
Despois de moito cavilar xa temos unha selección dos contos que contaremos cando vaiamos a unitaria de Ombre:
Andrea e Marina: Paco.
Patricia e Silvia: ¿A que sabe la luna?
Luisa: Unha manchea de bicos.
Sara: Los tres cerditos.
Cristina e Laura: El castillo.
Carla e Patricia: O flautista de Amelie.
Noemi, Verónica e Maria Jose: Adiviñas.
Marina
AGORA A PREPARALOS BEN!

jueves, 4 de marzo de 2010

HOXE, sorpresiña!


Como prontiño, prontiño imos ir a Ombre, como xa sabedes, a facerlles de contacontos aos nenos da unitaria, Chus, fixo hoxe de contacontos e deunos uns pequenos consellos!
Hai que ver canto traballou a pobre, ten cousas montadas para acompañar os contos...preciosas!!Dende un libro que se converte nun castelo ata un conto contado a partir dunha pulseira, sí, como o ledes, impresionante!
Tamèn cabe destacar a soltura, naturalidade e experiencia que ten contando contos, paga a pega escoitala!
Agora só temos que escoller un conto e tratar de contalo, non o faremos como Chus, pero sí, teremos os elementos para conquistar a eses pequerrechos.
Pois iso...Moitas grazas, Chus!
Marina!

lunes, 1 de marzo de 2010

LIBRARÍA LELLO E IRMAO EN PORTO




Esta é a fermosísima libraría na que faremos a lectura colectiva para celebrar o día do libro. Recordade que, despois de ler os 3 minutos que vos corresponderán a cada un de vós, tedes que escoller unha palabra, escribila no panel que teremos colocado e despois, no autobús de volta á casa, teredes que compoñer un verso coa vosa palabra integrándoo no poema que vaiamos facendo entre todos. Procurade buscar palabras bonitas no voso texto para que quede un poema interesante, chulo, bonito, ben construído, intelixente, agradable, literario, orixinal... para disfrutarmos todos del. Non esquezades tampouco que colocaremos os paneis (palabras, poema e debuxo) no cole para seguir adornando as paredes cos vosos traballos.