viernes, 14 de mayo de 2010

Contadoras de contos en Ombre


Chus preparou a fondo a experiencia que resultou preciosa, divertida, gratificante... para todos-as: as nenas do Club de lectura, o "enxeñeiro de imaxe e son" (Brais Chao), profes, nais (había dúas asiduas colaboradoras de Isa, a profe da unitaria)e tamén para os pequerrechos da escola.
Todos-as queremos volver. Para o ano esperamos que sexan estes pequenos os que nos veñan facer unha visita. Agora lede as palabras que nos escribiu a profe:

"Que ben que as rapazas se sentiran tan ben. Está claro que cando hai vontade de compartir ábrese un campo de benestar do que todos participamos... Cando somos capaces de facelo ben os alumnos/as valórano e disfrutan. Aquí tamén quedaron encantados e incluso, un deles quería ir ao voso instituto. Quedaron tan contentos que a palabra Miño convertiuse nun elemento significativo que xa ubicamos xeograficamente e que deu pé, co gallo das Letras Galegas e o poeta do Courel, a situar elementos xeográficos como as serras e o río Miño. Por algo os signos teñen dúas partes e unha delas claramente é a asociación que con elas facemos coa realidade. Neste caso, queda claramente asociada a un lugar non moi lonxano, do que veu a palabra, a historia e a amizade. Unha aperta grande para todos e non nos imos esquecer que temos unha cita pendente todos os anos."