jueves, 25 de noviembre de 2010

CLUB DE LECTURA 25-11-10

Hoxe non foi un día de moitos comentarios no club:
entre os exames e a reunión de delegados ... SOLO FOMOS 4!
Menos mal que as nosas profesoras non nos fallan .
Estivemos a falar do que limos esta semana:
os personaxes novos , as nosas impresións...
Chegamos a conclusión de que a nai da familia, non se comporta como unha nai, comportase coma unha especie de amiga .
Tamén estivemos a falar de personaxes novos que volveron a aparecer nos últimos capítulos.
Foi unha reunión un pouco aburrida pola falta das diferentes opinións que hai sempre, pero esperamos que a semana que ven xa estemos todos !
Ata o xoves , e lede moito!

jueves, 18 de noviembre de 2010

18-11-10 Club de lectura 1º e 2º

Estivemos a falar moitísimo , esta vez veu a profesora de Lingua Castelá Ana Andrés .
Ela xa lera o libro fai tempo pero Óscar recordoulle un pouco o que pasa e por donde ibamos.
Falamos todos un pouco , e Ana Andrés explicounos todo mellor para que o comprendesemos . No libro aparecen máis personaxes novos todos moi raros.
Esta vez limos só dous capítulos e non temos moito que contar entón despedimonos ata a semana que vén !
Abur !

jueves, 11 de noviembre de 2010

Segundo día no club ! (:




Estivemos a falar moitisimo sobre o libro e especialmente sobre un personaxe chamado Spiro. Este presonaxe emigrou das illas os EE.UU e aprendeu o idioma na rúa. Entón e o unico na illa que fala inglés pero moi malo. E nos fixo moita gracia como escribe o autor o seu falar.
Este libro é auto-biografico porque o protagonista conta a historia de cando era pequeno.
E o protagonista non iba ao colexio por eso a nai adicoulle un profesor, pero el non quería dar clase só das ciencias naturais , entón o profesor que era George para ensinarlle xeografía dicialle os animais que vivian en cada sitio.
A todos nos encanta porque as descripcións dos animais e todo o que di é xenial.
E bueno acabouse o recreo , ata o proximo xoves ! (:
Ángela.

martes, 9 de noviembre de 2010

Segundo día de 3º e 4º



Hoxe tibemos que cambiar o noso lugar de reunións, estaba ocupado !!
A maioría dos compoñentes xa acabamos o libro e todos temos algo que dicir... do final sobre todo. E de Popol, que uns decatanse porque él existe que é un fillo ue tivo o pai conoutra muller e o resto dí que non existe.
Comentamos tamén unha liña do libro que é moi fermosa, e fala dos bailes que facían o Señor Ibrahim e Momo no seu viaxe... nese fragmento ensinalle a facer unha viaxe a dentro de si mesmo... Momo cambia de relixión ao final, ao final transformase no árabe da rúa, que pode ser nos dous sentidos: tenda aberta, e a relixión.
Ana dinos que as flores do Corán teñen tamén un sentido espiritual.
Nerea dinos que non lle gustou nada o final, porque acaba coa morte do Señor Ibrahim, e así desvelamoslle "sen querer" o final a Silvia que estaba a piques de rematalo.O balance da vida da do Señor Ibrahim é positivo, viviu a súa vida sempre cun soriso.E foi outro dos mensaxes educativos deste.
"Voume reunir coa inmensidade" son unhas das últimas palabras do Señor Ibrahim, algún din que se vai reunir coa súa muller, e coas persoas que él quixo, e que unha persoa non morre mentres alguén a siga pensando e recordando.
En xeral o libro gustou bastante, algúns como Ana queixanse do tamaño (o libro é bastante pequeno). Bego quere buscar a peli para que a vexamos todos.

Patri 4ºA

jueves, 4 de noviembre de 2010

Primeiro día no club 1º e 2º da ESO.



A reunión comezou comentando un pouco sobre o que limos. Diciamos que o libro ao principio era un pouco complicado de entender. E que os personaxes eran un pouco raros. Fixadevos que por exemplo, non paraban de buscar casas con baños e non as atopaban. Tamén crían que as alcantarillas producían enfermidades.
A continuación comentamos unha serie de animais que aparecen no libro.
Un dos preferidos da profe de francés Carmen Presedo era un chamado Crisopa.
Se queredes ao final do libro hai unha lista de todos os animais que nombra o autor.
Tamén é interesante a biografía do autor,porque este monta un zoo e sería interesante que a leades.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Mi familia y otros animales

Mi familia y otros animales de Gerald Durrel vai ser o primeiro libro do noso club para o grupo de 1º e 2º de ESO. Tal como o seu nome indica está cheo de animais porque esa é a pasión tanto do narrador da historia coma do propio autor.
Corfú, unha illa grega, é o lugar no que discurre a historia. Alí imos descubrir a vida de moitos pesonaxes que fascinan ao protagonista, pero tamén plantas e insectos.
Para saber algo máis dalgúns destes bechiños, lede esta pequena presentación:


Premede AQUÍ para ler con maior comodidade.

martes, 2 de noviembre de 2010

Primeiro e Segundo día de 3º e 4º ESO no noso club :)


1º DÍA!!!!!!!!!!!!!!!!:Hoxe, día 28 de Outubro comeza o Club de Lectura Salicornia do curso 2010-2011.
Este ano cambiamos os miembros, xa sabedes, uns vanse, otros veñen... Os vell0os deixan sitio AOS novos, soese decir,non?
Pois as profes seguen sendo as mesmas, aínda que hoxe faltaba algunha. Chus, Bego e Carmen Presedo seguen estando, as duras e as maduras!
No Club de Lectura somos moitísimos, cada vez somos máis os aficionados a lectura... Esta moi ben que o podamos compartir (: Debemos de ser...mm...uns trinta! Por iso temos que facer dous grupos: por un lado, cuarto e tercero que temos a sesión os martes, e por outro primero (é a primera vez que os alumnos deste curso se poden apuntar) e segundo, eles terán as reunións os xoves. O primero grupo, o formado por cuarto e tercero comeza lendo O señor Ibrahim e as flores do Corán, un libro curtiño e sinxelo. E o segundo grupo, formado por primero e segundo comeza lendo : Mi familia y otros animales.
Como non, o primero día as profes xa nos teñen traballo xD Este ano temos que rechear unha libretiña con comentarios dos libros, dos nosos compañeros... E a mellor libreta levará un premio!(:
O primero contacto deste ano co Club de Lectura Salicornia foi un tanto frío, ou mellor dito tímido, é normal algúns aínda non saben como vai a cousa...aínda que hai otros que o saben xa de sobra.
O sitio onde celebraremos este ano as nosas reunións é moi, moi particular jaja. Temos moita intimidade xD
Colgados das cortinas temos uns carteliños todos dedicados en especial a lectura, son todos eles moi feituquiños a decir a verdade!
Hoxe comeza un novo curso no Club de Lecutura, espero que o pasedes ben e que, sobre todo leades moito que para iso é xD
Un saudo a todos-as!

2º DíA!!!!!!!!!!!!!!!!Aquí estamos, o grupo de terceiro e mais cuarto...Hoxe estamos todos. Tiñamos que leer 25 páxinas do noso libro: O señor Ibrahim e as flores do Corán.
Algúns xa o acabaron, pero outros "despistados" jajaja, aínda non leron nada.
Comezamos falando do protagonista : Momo. De como é, de onde vive, dos seus coñecidos...Momo é un neno moi maduro para a súa idade.
Carmen nos explica onde sucede toda esta historia: París.Explicannos a diferencia entre "árabe" , "musulmán" e "xudeu". Dannos a idea de facer un mapiña para distinguir os paises, así que aí o tedes xa colocado nesta entrada.
Momo define ao Señor Ibrahim como un home que "sempre foi vello", e que sempre facia o mesmo, ata que un día chegou a súa tenda unha sex-simbol francesa dos 70.
Ana nos explica que os conflictos entre as diversas culturas que se amosan no libro, non aparecen mencionados.
Como o resto dos anos as profes son as que máis falan, pero este ano (debe de ser ao ser menos), falamos mais todos-as.
Falamos da achicoria:. Bebida que se fai pola infusión da raíz tostada desta planta e que se utiliza como sucedáneo do café.
Temos que seguir lendo ata a páxina 50, ou acabalo.. que co curtiño que é non nos vai levar nada:)

Patri.