viernes, 25 de febrero de 2011

Como nos ven os extraterrestres aos terrícolas


Así nos ven os habitantes doutras galaxias:

“Os seres humanos, a semellanza dos insectos, atravesan por tres fases ou etapas de desenvolvemento, se o tempo o permite. Aos que están na primeira etapa denomínaselles nenos; aos da segunda, currantes; e aos da terceira, xubilados. Os nenos fan o que se lles manda; os currantes, tamén, pero son retribuídos por iso; os xubilados tamén perciben cartos pero non se lles deixa facer nada porque o seu pulso non é firme e soen deixar caer as cousas das mans, agás o caxato e o xornal. Tamén hai unha cuarta etapa ou condición, non retribuída, que é a de fiambre, e da que máis vale non falar”.

“Primeiro contacto con habitante da zona. Datos: tamaño do ente, 170 cm.; perímetro craneal, 57 cm. ; número de olos: dous; lonxitude do rabo, 0.00 cm. (carece del). O ente comunícase cunha linguaxe de gran simplicidade estrutural, pero de moi complexa sonoarización, pois debe artellarse mediante o uso de órganos internos. Conceptualización escasísima”.

“Falan, longamente e a berros, con acompañamento de acenos e xestos horribles. Aínda así, a súa capacidade de expresión é limitadísima, agás no terreo da blasfemia e a palabra soez, e nas súas alocucións abondan as anfiboloxías, os anacolutos e as polisemias”.

“Non hai en todo o Universo chapuza máis grande nin trasto peor feito có corpo humano. Só as orellas pegadas ao cráneo de calquera modo, xa bastarían para descalificalo. Os pés son ridículos; as tripas, noxentas. Todas as caveiras teñen unha cara de risa que non vén a conto. De todo iso os humanos só son culpables ata certo punto. A verdade é que tiveron mala sorte coa evolución”.

NON SAÍMOS MOI BEN PARADOS, VERDADE?

jueves, 24 de febrero de 2011

Sin noticias de Gurb.

Olaaaaaaaaaaaa!
Levo xa moito tempo sen facer unha entrada eeh !jaja
Bueno xa temos novo libro "sin noticias de gurb"de Eduardo Mendoza, a xente toda xa o leu menos eu e Claudia que fomos a Jaca. E agora non nos enteramos de nada , estamos a falar de botar a profe de francés porque non ven nunca o club , e non xustificou as faltas aínda , imos ter que tomar medidas !
A profe está a dicir que onte leu todo o libro e baixou todas as fotos dos personaxes citados no libro, para que saibamos quee apariencia ten Gurb (Marta Sánchez) e cales adopta o seu compañeiro que son moi variadas , algunhas delas : El Conde Duque De Olivares , Paquirrín, Julio Romero De Torres , Pío XII, Gandhi, Gary Cooper, Cousteau, Gilbert Becaud, Eisenhower...
Esta vez ímola perdoar porque fixo un bo traballo (:

Bueno xa vos contarei máis no próximo día !
Ángela

viernes, 11 de febrero de 2011

Novo libro en 3º e 4º ESO para os salicornios-as


Este é o libro que lerá o club de lectura de 3º e 4º ESO:

Matar un ruiseñor
preséntanos unha protagonista moi nova pero intelixente, Scout Finch, que vive nunha vila de Alabama nun momento histórico no que os negros comezan a alzar a voz, mentres os brancos estreitan máis o cerco do racismo.

Scout, a nena de 9 anos protagonista da historia, no vive allea a estes acontecimientos, pero ten problemas máis serios que atender: averiguar qué sucede na sinistra casa de “Boo” Radley. Quen é exactamente, e por que só sae polas noites?

LEDE UNHA OPINIÓN:
"Creo que hai tres razóns polas que a xente volve unha e outra vez a ler Matar un ruiseñor:
Primeiro, porque é unha boa historia e sempre haberá sitio para as boas historias.
Segundo, porque o libro trata un tema esencial en todas partes: o desafío de vivir en paz con xente que é diferente.
E terceiro, porque esta novela comparte algo con moitas outras grandes creacións literarias. Pregúntache:

Que farías ti? Defenderías o que cres xusto, como Atticus, aínda que te enfrontases ás críticas e mesmo ao odio?"

POIS CANDO REMATES DE LELO, RESPÓNDETE A TI MESMO...

jueves, 10 de febrero de 2011

Novo libro en 1º e 2º ESO para os salicornios-as

Este é o libro que estamos a ler nestes momentos:

Sin noticias de Gurb
O argumento é moi sinxelo: Dous extraterrestres, Gurb e un anónimo marciano (sen nombre), recalan na Terra, nos arredores de Barcelona, debido a unha avaría na súa nave espacial. Son incorpóreos e poden adoptar a forma que lles apeteza. Un de eles, Gurb, decide investigar todo o que lle rodea adoptando o aspecto físico da famosa cantante Marta Sánchez. O seu compañeiro decide seguir os seus pasos por Barcelona, consciente de que sen Gurb non pode facer nada, e irá narrando todas as súas experiencias en forma de diario.

ESPERAMOS QUE O PASEDES BEN LENDO A EDUARDO MENDOZA!

domingo, 6 de febrero de 2011

Despois de ler Makinaria

Unha profe -Rosa Salgueiro- prestounos as súas actividades sobre o libro de Carlos Negro. Cando rematedes a súa lectura, farémolas en común, pero podedes botarlles un vistaciño antes premendo no enlace.

sábado, 5 de febrero de 2011

Uns poemas recitados


Escoitade estas marabillas recitadas do libro que estades a ler no CL de 3º e 4º. Dous son da derradeira parte de Makinaria e realmente neles está a mensaxe que Carlos Negro quere enviarnos co seu libro. Só tedes que pensar en que unha porcentaxe moi grande de xoves perden a súa vida nas estradas nos fins de semana...
Escoitádeos aquí ("Game over") e aquí ("Mamá Carme") con atención. Paga a pena! (Sabedes quen recita?) (Podédelos ler aquí o de Mamá Carme e aquí o de Game over, á vez que escoitades).
Tamén podedes ler os que recitaron Diego, Fer e Miguel Forcelledo para vós no club de lectura do venres. (Subirémolos a este blog cando os gravemos para que os escoitedes xa que se esforzaron moito para recitalos ben).