martes, 8 de marzo de 2011

As manifestacións corpóreas de Gurb e o seu compañeiro de viaxe

O personaxe que protagoniza Sin noticias de Gurb non é Gurb, senón o comandante da nave espacial na que chegaron á terra. Gurb é importante pola súa ausencia (o seu comandante percorre a cidade buscándoo) e polo desenlace, que aquí non descubro para que sexa unha sorpresa.
Estes extraterrestres son só entes pensantes sen corpo, polo que a súa estancia na terra esíxelles adoptar forma humana e, para facelo, botan man da información visual da que dispoñen. Gurb escolle a imaxe corporal de Marta Sánchez e non a cambia, pero o seu compañeiro adopta varias formas que, se miramos ben, dinnos moito da súa personalidade: escolle sempre figuras masculinas con certa relevancia social e aspecto físico destacado. É xefe, síntese xefe e transfórmase en xefe terrícola.
A composión fotográfica que podedes ver amosaravos o contraste físico entre Gurb e o seu compañeiro de viaxe, así como os diferentes aspectos deste último.