
A sexta e derradeira lectura deste ano dos salicornios-as é: Cumbres borrascosas , a única novela de Emily Brontë. É unha historia de amor e vinganzas, de odio e loucura, de vida e morte...Foi publicada por primeira vez en 1847. Cumbres Borrascosas deu lugar a varias películas, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical e unha das cancións máis exitosas de Kate Bush (cantante británica).Estes son os carteis das dúas versións cinematográficas máis coñecidas. ¿Cal vos gusta máis? ¿Cal se aproxima máis á estética da novela?
¡¡¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O LIBRO!!!

