NON CREADES QUE SÓ TOLEAMOS, como na foto!! Non! Primeiro, como grandes cumpridores que somos os membros do Club de Lectura, fixemos todos os deberes do día seguinte. E despois colocámonos no chan, comodamente deitados en colchonetas e vimos tres pelis: Cumbres borrascosas (un drama de amor e paixóns que algúns salicorni@s cualificaron de "pastelada"); ¿Y tú, quién eres? (unha tenra peli sobre o alzheimer) e Matar un ruiseñor (a mellor das tres para moitos, unha fermosa historia antiracista, sobre a tolerancia e moitas cousas máis). No intermedio ceamos unhas riquísimas pizzas e ao día seguinte, tras unha noite algo "movidita" almorzamos e a clase!
Esta foi a nosa derradeira reunión do club de lectura por este curso. Esperámosvos no próximo curso, con novas actividades, novos libros e con igual ou maior ilusión!!!
5 comentarios:
Foi divertidisimo tirarse polas escaleiras, aínda que non lembro quen o inventou, faltou que o probaran as profes, haber se para a seguinte se animan xD
Pois molaba moito tirarse co saco polas escaleiras jajaja. Aínda que Chus nos berrara ! Que mala !
En xeral foi una noite XENIAL , ainda que no nos deixaran durmir moito ! ¬¬
Un bico :D
Se non durmichedes foi porque non quixestes . Pasamolo estupendamente so que vos , vos amargastes "durmindo".
Anónimo: hai que dar a cara!!!
A verdade é que o pasamos moi moi moi ben!!! :D
Dáme unha pouca pena, que noites así por parte duns compañeiros, non se volva a repetir... pero bueno! preparádevos Chus, Bego e Prese, que o ano que ven, vai ser aínda mellor!! :D
un bico, e que pasedes todos un bo verán!
Publicar un comentario