sábado, 23 de mayo de 2009

NOVA LECTURA


A sexta e derradeira lectura deste ano dos salicornios-as é: Cumbres borrascosas , a única novela de Emily Brontë. É unha historia de amor e vinganzas, de odio e loucura, de vida e morte...Foi publicada por primeira vez en 1847. Cumbres Borrascosas deu lugar a varias películas, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical e unha das cancións máis exitosas de Kate Bush (cantante británica).
Estes son os carteis das dúas versións cinematográficas máis coñecidas. ¿Cal vos gusta máis? ¿Cal se aproxima máis á estética da novela?
¡¡¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O LIBRO!!!

viernes, 8 de mayo de 2009

Nova lectura


Este venres comezamos unha nova lectura: Zara y el librero de Bagdad, de Fernando Marías.
Sinopse: Un escritor frustrado recibe un correo- cunha invitación: alguén o espera no cemiterio da Florida para ofrecerlle un manuscrito que pode interesarlle. Nel relátase unha historia na que aparecen as derradeiras palabras do poeta Antonio Machado. Despois dúas historias conflúen: a vida dese escritor cando era un neno durante a guerra civil española (1936) e a historia de Zara, unha rapaza iraquí que non coñeceu a súa nai por culpa da guerra no seu país.

lunes, 4 de mayo de 2009

Un libriño de poemas



¿Non vos gustaría ler algún poema máis deste libro? Pois, veña, ide á biblioteca:
Consumir preferentemente, de Raúl Vacas. Editorial Anaya.