miércoles, 16 de diciembre de 2009

El clan del oso cavernario

Durante un momento da prehistoria conviviron duas ramas de homo : o Neanderthal eo cro-magno; deste feito nace esta novela. Lede a seguinte Presentación para ver en que se diferencian e se asemellan estes Homínidos prehistóricos e disfrutade algúns fragmentos da vida de Ayla (rapaza Cro-Magnon) e da súa familia adoptiva (un clan de neanderthales).



Premede AQUÍ para ler a presentación.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

martes, 8 de diciembre de 2009

ÁRBORE DOS HOMÍNIDOS

Para saber algo sobre a evolución da nosa especie e aclararvos coa historia que nos conta J.M Auel no Clan do oso cavernario, podedes entrar aquí. Parece algo lioso pero é moi interesante e todo o que leades está contado polo antropólogo Arsuaga, do proxecto Atapuerca.

sábado, 5 de diciembre de 2009

LIBRO ELECTRÓNICO, E-BOOK...


Mentres esperamos a nova reunión do club (esta semana tampouco nos vemos), vai unha información sobre o libro electrónico. O olor e o tacto do papel dun libro non é fácil de superar, pero... ¿imaxinades poder levar 3.500 libros nun pequeno formato de 175 gramos máis ou menos? Con só premer un botón podemos ler unha BD, El Quijote, un libro de poesía... Aínda son algo caros pero é unha tentación pedilo aos reis, non credes?

miércoles, 2 de diciembre de 2009

RESUMO do martes

Aquí estou, aínda que con retraso. Tratarei de facer un resumo dese día, aínda que a memoria non é o meu, jejeje...

Bueno pois un dia máis no blog...xa levávamos sen vir e!
Nótase que estamos en exames que aqui falta moita xente..unha por estudar,é certo,e outra moita por vagancia!
Aquí estamos uns cantos..esperando por Begoña que nos puxo unha foto dun enigma aí e..non sebemos que é o enigmatico..
Esta Begoña...a famosa foto enigmatica era un mero "exemplo" o verdadeiro enigma está chagando...bueno..despois de esperar polos tardóns...intentar resolver o enigma..empezamos a facer o que viñemos facer..por unha parte temos zara...rematada por algúns e nin empezada por outros jeje os que o remataron(Cris incluida:)gustoulles moito ...despois de rematar Zara..empezamos...El clan del oso cabernario...limos o principio...a nena sobrevive e chega a xunto os neandertales...e pouco mais..Carmen P. e CArmen S.din que van falar con Maria que necesitamos un pequeno repaso de historia..non se equivocan..
Polo de agora as opinións son diferentes...a uns lles gusta e a outros non tanto pero bueno isto cambiara que ainda estamos no principio:)
un bico!
Marina !

martes, 1 de diciembre de 2009

RESUMO do día 1

Hoxe non puidemos baixar o ordenata á reunión do club. Un fallo na Rede impediu a conexión, así que contaremos todo dentro duns días e non será en directo como outras veces... Sentímolo.
Ata pronto.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Seguinte libro, salicornios-as!


Este martes non tivemos club, ocupouse a "olorosa" sala de usos múltiples. Botámosvos de menos. Ídevos preparando para comezar con ánimo o libro novo: O clan do oso cavernario, que repartiremos durante a semana para que poidades ler algo antes da seguinte reunión. Seguro que vos gustará Ayla, a protagonista feminina, e tamén Jondalar -cando o coñezades-. Ademais aparecerán (noveladas) a prehistoria, a vida dos neandertais e dos cromañóns...
En canto comecedes a lectura, pasade por aquí para que saibamos a vosa opinión. Estamos desexándoo!

martes, 10 de noviembre de 2009

MÁIS SOBRE ZARA

Sara esta mal, foi ao médico(esperemos que non teña gripe A) asi que hoxe escribo eu. Falta moita xente pero iso non é impedimento para comentar esta historia. Hoxe Begoña trouxonos unha proposta para contar a nosa opinión e poñela na revista e no blog, tamén no taboleiro que xa temos para o Club (compartido)...asi qe dadevos vida e escribide!
A Andrea non lle gusta a historia do asesino das horas e Begoña apóiaa; en cambio Carmen P. di que está ben, que esta relacionado con toda a historia, que leamos o final...
Andrea intenta convencer a Cris de que o libro mola, Cris so leu tres paxinas e. claro, de momento... jeje ...
Carmen sigue defendendo o papel dos asasino das horas, encántalle...pero Begoña...¡arre q non!
Intentamos recordar as vitimas deste asasino...¡vaia memoria que temos!
Ana chega tarde...Bego vaise ao teléfono... Ana comenta a relación entre as historias e o cambio do eu, lugar, tempo e guerras, ao longo dos capitulos.
Hai moi pouca compenetración nas páxinas lidas neste club, pareceme a min: Verónica vai moi adiantada, as profes igual e en cambio outras (eu incluida) imos un pouco atrasadas..
Volven mencionar as secuencias cinematográficas comentadas hai 15 dias... (recordovos que a semana pasada non houbo club xa que visitounos Inés Cuadrado...moitas gracias Inés!Un taller fantástico aínda que con pouca participación!).
Carmen volve a comentar sobre o asasino das horas... ela xa o acabou de ler, non lle da importancia máis que porque foi un trauma para Max. Bego volve dicir que ese personaxe esta metido para enganchar, con "calzador"... e di : “Este home que pinta aqi?”
Falamos sobre a posibilidade de que o autor nos visite ou ir visitalo a outro centro con outros club de lectura.
Volve a aparecer na conversa o asasino das horas(gran protagonista na reunión de hoxe). E soa o timbre!

Un bico para todos!En especial para Sara... mellórate!


Marina.

martes, 27 de octubre de 2009

terceiro dia no club!!!

Un novo día no club de lectura e, para variar(...) falta moitisima xente...¡¡¡pois peor para eles!!!xa que hoxe aproveitamos para comer as galletas que deixamos o outro día sen comer..mm..que boas estan..!!!Foronse alguns nenos..pero apuntouse xente nova!!!Bueno, seguimos, para non perder tempo,falando do libro.As mestras opinan que a partir de agora vainos enganchar..!!uuhh jajaja...

As mestras discrepan entre elas, xa que teñen visións diferentes sobre a aparición no libro do asasino das Horas. Carme expresa a súa opinion sobre os capítulos lidos, en diferentes puntos de vista...e como podedes ver os nenos nin mu!!jaja

Hai unha nena (anónima..jaja) que lendo o tercer capitulo emocionuse..aver si vai ser certo que este libro e digno de ler!!:D

un biko...Andrea e Sara.
¡Animádevos a escribir, un blog faise entre TODOS-AS!

martes, 20 de octubre de 2009

segundo dia no club...!!!

Comezamos comentando os capitulos lidos ata o momento, os dous primeiros, (Patricia chega tarde, pero e que Brais ainda máis ...bego vaise ó telefono....) coma sempre Carme fainos preguntas para facernos entender mellor a lectura, as nenas deben ter vergoña ou algo asi porque non falan nin pa tras!!...seguimos lendo as frases que escollimos... concidimos case todos nas frases....(Bego volve...) As mestras relacionan o libro co cine xa que se describen esceas moi cinematograficas...Falamos sobre a nena que lle canta á lúa no patio do seu edificio, o que fai que a relacion entre os veciños cambie... Comentamos que Antonio Machado está na banda dos "rojos" na guerra civil e falamos disto para tocar o tema das últimas cinco palabras (misterio, misterio, ¿cales serán?) que o poeta dixo antes de morrer. (Bego botalle bronca ás nenas porque non fan nada, so rir entre elas..)... ó final do capitulo dous aparece un irmán xemelgo do veciño, do traductor de Bagdad, estes tiran unha bolsiña na papeleira, o protagonista intrígase... esta contiña dúas balas.. E ata aquí chegamos, acabouse por hoxe!!
Para o próximo martes, leremos os dous capítulos seguintes.

un bikiño:D Sara e Marina.

martes, 13 de octubre de 2009

Un bonito debuxo


Para mergullarse nos libros, realizado por unha lectora do IES Río Cabe.

O noso primeiro dia no club!

Comenzamos cos agasallos que nos ofreceron as profes: comer boisimas galletas, coca cola....Logo, falamos de como vai ser o club de lectura deste ano, levamos fichas sobre o libro que imos ler (o libro chamase "Zara y el librero de bagdad",Fernando Marías). Ainda non se sabe se imos facer dous grupos ou que sexamos un grande, creo que será isto último porque todos queremos estar xuntos... Unha das actividades previstas é recoller unha frase que nos chamase a atención do libro, e escribir outras actividades propostas por nós.Quedamos en ler os dous primeiros capitulos, Ana!!!acordate!!:E vos tampouco vos esquezades de facer o que nos mandaron... que nos coñecemos!


O martes que vén comentaremos o lido....
Un bico! Sara.

martes, 6 de octubre de 2009

PRIMEIRA REUNIÓN DE SALICORNIOS-AS


O martes, 13 (que día!)teremos a primeira reunión. Entregarémosvos a primeira lectura deste curso (Zara y el librero de Bagdad) e comentaremos as posibles e previstas actividades do club neste curso. Como sempre, haberá unha sorpresiña... ¿Que será, será?

lunes, 5 de octubre de 2009

COUSAS SOBRE ZARA E O LIBREIRO DE BAGDAD







¿QUE ATOPAREMOS NO LIBRO ZARA E O LIBREIRO DE BAGDAD?

-Pois... a Antonio Machado, autor da Xeración do 98, e as súas derradeiras palabras gardadas no peto dun abrigo.
-Tamén aparece no libro un actor: Spencer Tracy, gañador de varios premios, o eterno compañeiro de Katharine Hepburn.
-Similitudes entre a guerra civil e o levantamento do 2 de maio de 1808, pintado por Goya co título de "Os fusilamentos do 3 de maio".
-A invasión de Iraq de 2003.
-A guerra civil española (1936-1939) e diversos acontecementos como o bombardeo de Guernica (cadro de Picasso)
-Referencias á primeira novela escrita por Benito Pérez Galdós (representante do Realismo español do XIX): La fontana de oro.

martes, 29 de septiembre de 2009

Xa somos uns cantos


Pois si, xa sodes 18 alumnos e alumnas apuntados no club de lectura e uns cantos profes. Moi pronto xa comezaremos coas lecturas. A primeira será Zara y el librero de Bagdad, de Fernando Marías. Esperamos que vos guste.
Poñeremos un anuncio no taboleiro do cole para que non vos despistedes. E non esquezades que hai que ir contando no blog todo o que vos apeteza sobre os libros lidos para que Ana -e os que queiran- poida seguirnos nas actividades.
Un bico, salicornios-as.

domingo, 6 de septiembre de 2009

Comezo do Club de lectura 09-10


En breve colocaremos no taboleiro do cole un folio no que vos poderedes apuntar para formar parte do club de lectura Salicornia. ¡¡¡Recordade facelo no prazo indicado!!! (isto vai para Andrea...).Non esquezades que faremos moitas actividades divertidas e que leremos un bo número de libros interesantes, así que animádevos para formar parte do club.
Ata pronto.

lunes, 13 de julio de 2009

Que podo ler?

Deixovos aquí unha páxina que me pareceu moi interesante para atopar recomendacions sobre libros, moitos están na biblioteca, se non os atopades animádevos a pedilos.
Cantos dos máis recomendados tedes lido?
Picade no enlace para acceder á páxina.
http://www.quelibroleo.com/

viernes, 12 de junio de 2009

DERRADEIRA REUNIÓN DE SALICORNIA


O venres 19 será a derradeira reunión do noso club de lectura. ¡NON esquezades vir porque haberá sorpresiñas!!! E dende aquí: boas lecturas e bo verán a todos e todas.
Propoñémosvos unhas lecturas posibles para este verán:
Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio xerais de literatura xuvenil de 2009.
Sol de inverno de Rosa Aneiros,premio xerais de novela 2009.
Resistencia de Rosa Aneiros tamén. É unha autora que merece a pena, así que animádevos que tedes tempiño.

jueves, 4 de junio de 2009

Salicornia en Santiago de Compostela


Estivemos en Santiago visitando a Biblioteca Ánxel Casal e a nova, enorme e preciosa libraría Couceiro. Fomos co club de lectura das Mariñas e pasamos un día agradable, comendo en Bonaval e facendo despois un xogo polas rúas da zona vella.
¿Que vos pareceu a visita? A ver... contádenos cousas. No blog de As Mariñas tamén podedes ler e comentar:
http://asmarinaslectoras.blogspot.com/

sábado, 23 de mayo de 2009

NOVA LECTURA


A sexta e derradeira lectura deste ano dos salicornios-as é: Cumbres borrascosas , a única novela de Emily Brontë. É unha historia de amor e vinganzas, de odio e loucura, de vida e morte...Foi publicada por primeira vez en 1847. Cumbres Borrascosas deu lugar a varias películas, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical e unha das cancións máis exitosas de Kate Bush (cantante británica).
Estes son os carteis das dúas versións cinematográficas máis coñecidas. ¿Cal vos gusta máis? ¿Cal se aproxima máis á estética da novela?
¡¡¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O LIBRO!!!

viernes, 8 de mayo de 2009

Nova lectura


Este venres comezamos unha nova lectura: Zara y el librero de Bagdad, de Fernando Marías.
Sinopse: Un escritor frustrado recibe un correo- cunha invitación: alguén o espera no cemiterio da Florida para ofrecerlle un manuscrito que pode interesarlle. Nel relátase unha historia na que aparecen as derradeiras palabras do poeta Antonio Machado. Despois dúas historias conflúen: a vida dese escritor cando era un neno durante a guerra civil española (1936) e a historia de Zara, unha rapaza iraquí que non coñeceu a súa nai por culpa da guerra no seu país.

lunes, 4 de mayo de 2009

Un libriño de poemas



¿Non vos gustaría ler algún poema máis deste libro? Pois, veña, ide á biblioteca:
Consumir preferentemente, de Raúl Vacas. Editorial Anaya.

sábado, 18 de abril de 2009

PIPI LANGSTRUMP


Esta é Pipi Calzaslargas. ¿Coñeciádela? Pois nela baseouse Stieg Larsson para o seu personaxe de Lisbeth Salander.

domingo, 12 de abril de 2009

Seguimos coa peli

Este é o cartel anunciador. Ata o momento parece que só se estreou en Suecia e Dinamarca. ¿Non tedes ganas de vela xa?


Noomi Rapace, a protagonista da peli, é dicir, a actriz que encarna o personaxe de Lisbeth Salander. ¿Que vos parece?

Algunhas curiosidades:
1. Parece que o título orixinal é realmente Os homes que odiaban as mulleres.
2. O autor, Stieg Larsson, morreu dun infarto ao pouco de escribir a 3ª parte da triloxía Millenium.
3. S.Larsson, periodista e experto en grupos de extrema dereita, escribía sempre pola noite, en secreto.
4. Para crear o personaxe de Lisbeth Salander... ¿SABEDES EN QUEN SE BASEOU? Ao mellor non recordades, moitos sodes moi noviños... Pero, de todas formas, lede as súas propias palabras e, se non sabedes quen era ese personaxe televisivo, xa falaremos:

"Tomé a Pippi Langstrump. Pensé: ¿Qué aspecto tendría actualmente? ¿Qué tipo de adulta sería? ¿Cómo la calificarían? ¿Una sociópata? ¿Una autista? Tiene una visión de la sociedad distinta de la de los demás. (O, visto de otro modo, no observa la sociedad del mismo modo que el resto de la gente). La convertí en Lisbeth Salander, de veinticinco años, una chica que se siente como una extraterrestre entre la gente. No conoce a nadie ni tiene capacidades sociales en absoluto".
5. E segue falando Stieg Larsson: "No es hasta el tercer libro cuando se atan todos los cabos y se entiende lo que ha ocurrido".
"Escribo muy deprisa. Es fácil escribir historias de detectives. Es mucho más difícil escribir un artículo de cinco mil caracteres, en el que todo tiene que ser correcto al cien por cien". "He leído historias de detectives toda mi vida. Casi todos los escritores de novela negra que he encontrado destacables son, por extraño que parezca, escritoras".

martes, 17 de marzo de 2009

PELI













¿Imaxinarades así ao protagonista de Los hombres que no...? Pois este é o actor sueco que interpreta ao xornalista M.Blomkvist.

sábado, 14 de marzo de 2009

OS PRIMEIROS CAPÍTULOS DE "LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES"

Más prolijo que enjundioso. Así se pode definir en castelán do bo calquera dos primeiros capítulos de "Los hombres que no amaban a las mujeres". Pero non desesperedes. Despois de perdernos sen remedio nas cuestións político-económicas do país veremos como se artella unha historia de intriga e van encaixando tódalas pezas do puzzle.
Ás veces as novelas son así e hai que esperar un pouco para poder deslizarnos doadamente por elas coma polas abas brancas nas invernías nevadas.
Por certo, prolijo quere decir extenso, detallado, e enjundioso significa sustancioso, importante. Non esquezades empregar estas dúas palabras cando conveña.
Ánimo coa lectura!

miércoles, 11 de marzo de 2009

CONTAMOS CONTOS COA TROPA DE TRAPO

A tropa de trapo engaiolounos coas súas voces doces e cercanas e os seus contos de inspiración tan distinta (Chan de Brito -¿escribirase así?- é como calquera das nosas aldeas e os seus habitantes como calquera dos nosos veciños, coma nós mesmos. O deserto é un mundo moito máis lonxano que, sen embargo, chegou doadamente a nós).
Algo aprendemos de mirar ao que escoita, de buscar camiños para continuar as historias, de facer nosos os contos que xa sabemos e de debullar a nosa imaxinación.
E sí, tamén fomos quen de tecer, coa axuda duns mulidos novelos, os nosos propios contos, nos que un caracol e unha volvoreta azul foron os protagonistas.
Que fermoso o oficio de contacontos! Non sí?

martes, 10 de marzo de 2009

SORPRESA NA REUNIÓN DE SALICORNIA


¡Para o venres temos preparada outra sorpresiña! :-) Só vos digo que será unha sorpresa... ¡¡¡umhmmmmm, que rica!!!
Un bico, corazóns...

lunes, 9 de marzo de 2009

A TROPA DE TRAPO CONTOUNOS CONTOS

Preciosos, en galego e castelán, con música e moito sentimento, máxico...
Compartimos espectáculo con alumnos do IES As Mariñas, interesados na lectura coma nos, e disfrutamos moito tanto dos contos como dos talleres.


Podedes visitar o blog do club de lectura do IES As Marismas pinchando neste enlace. http://asmarinaslectoras.blogspot.com/Hai máis fotos...

lunes, 2 de marzo de 2009

¡Imos coa terceira lectura!


O terceiro libro que leremos os salicornios-as é Los hombres que no amaban a las mujeres, unha novela (máis ben novelónnnnnnnn) de intriga, do autor sueco Stieg Larsson. Trátase do primeiro volume dunha triloxía (os dous seguintes son: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina e La reina en el palacio de las corrientes de aire) que esperamos que vos "enganche".
Aí tedes a orixinal portada.

sábado, 21 de febrero de 2009


O día 5 de marzo virá a Tropa de trapo a Miño para presentarnos os seus contos da HORA AZUL e facer un taller de actividades. Alí coñeceredes tamén aos membros do club de lectura das Mariñas. Probablemente nos acompañarán outros alumnos-as ata facer un número axeitado para a sesión. Esperamos que o pasedes ben. Queda un enlace para que poidades ver a Marta e a Brais, os contacontos da Tropa.
http://tropadetrapo.blogaliza.org/

miércoles, 18 de febrero de 2009

NOVA LECTURA


Esta semana como non teremos reunión o venres comentaremos o primeiro bloque de contos a través do blog.
Xa podedes comezar

lunes, 16 de febrero de 2009



Xa temos logo para o club de lectura, grazas a Miriam Anido. ¿Gústavos? A min si. Un día destes poñerémola na cabeceira do club e, por suposto, en todas as comunicacións que fagamos. Chao, salicornios-as, animádevos cos comentarios.

sábado, 14 de febrero de 2009



Ben, ola "salicornios e salicornias", hoxe falamos do final e soltei a miña pregunta relacionada co tema da vinganza. Como a contestación foi afirmativa, é dicir, todos e todas pensades que ás veces a vinganza é necesaria, gustaríame que comentasedes por que ou en que casos vos parece positiva. ¿Non pensades que é mellor non facerlle a unha persoa o mesmo -ou peor- dano que ela fixo? Non sei... parece un sentimento máis de rancor que de xustiza, ¿non si?, máis de odio que de resarcimento... ???

Grazas, Marga, por darnos a idea de coñecer a biografía da autora. Eu vouna buscar e ler. Despois xa vos contarei.
Begoña.

lunes, 9 de febrero de 2009

Pois si! A verdade é que eu estou desexando que rematedes de lelo para poder comentar o final de El baile e facer unha pregunta relacionada co tema que dende sempre me preocupou e intrigou. Pero ... como non podo desvelar nada, seguide coa intriga ata o venres!!!. E unha cousiña máis: sei que hai moitas persoas que teñen moito que dicir... pois dicídeo que nos enriqueceremos todos-as, corazóns.

domingo, 8 de febrero de 2009

EL BAILE


PRIMEIRA E SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


Elixido o noso nome, poñemos en marcha este blog para que poidamos encontrarnos de maneira virtual e deixar os nosos comentarios no momento que se nos ocorren.

Esta semana remataremos o libro " El Baile" con final sorpresa para algúns dos lectores do club. Agradecemos aos lectores avanzados que non nos revelaran o final nin sequera nos deran pistas.

Na próxima reunión falaremos con menos coidado de non irnos da lingua. Todos coñecemos agora o final e poderemos comentar con liberdade.