miércoles, 25 de noviembre de 2009

Seguinte libro, salicornios-as!


Este martes non tivemos club, ocupouse a "olorosa" sala de usos múltiples. Botámosvos de menos. Ídevos preparando para comezar con ánimo o libro novo: O clan do oso cavernario, que repartiremos durante a semana para que poidades ler algo antes da seguinte reunión. Seguro que vos gustará Ayla, a protagonista feminina, e tamén Jondalar -cando o coñezades-. Ademais aparecerán (noveladas) a prehistoria, a vida dos neandertais e dos cromañóns...
En canto comecedes a lectura, pasade por aquí para que saibamos a vosa opinión. Estamos desexándoo!

No hay comentarios: