domingo, 11 de diciembre de 2011

Novos libros de lectura para a volta de Nadal

Rematade de ler os libros desta tempada, se alguén aínda non rematou, porque á volta de Nadal leremos:

TERCEIRO LIBRO PARA OS SALICORNIOS-AS DO 2º CICLO DA ESO:


La importancia de llamarse Ernesto.  Oscar Wilde
O seu título orixinal The importance of being earnest non fai referencia só ao nome... Earnest significa en inglés honesto, sinceiro... Un xogo de palabras do autor. Un máis.
É unha obra de teatro.
A historia sucede na Inglaterra victoriana e trátase dunha crítica á sociedade inglesa da época, coa que riremos en moitos momentos.
Foi levada ao cine por Oliver Parker en a película son actores: Rubert Everett, Colin Frith e Reese Witherspoon, entre outros.



TERCEIRO E CUARTO LIBROS PARA OS SALICORNIOS-AS DO 1º CICLO DA ESO:

La casa de la linterna, Carlos de Castro. Este libro xa o leron os rapaces e rapazas do 2º ciclo, así que preguntádelle a eles que lles pareceu porque tamén o teredes que ler vós xa que faremos unha actividade conxunta.

E o cuarto libro para vós será un algo, digamos... "diferente":
La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Wolfgang Corn
Onde se fabrica a roupa que levamos?
Que sentido ten fabricar unha tea nun país e cosela a miles de kilómetros?
La aventura de un forro polar rojo é un libro informativo para comprender mellor a cadea humana que hai detrás da confección dun simple chaleco de forro polar vermello. E tamén é un libro que mostra historias, traxedias, inxustizas, aventuras e desventuras, dende o luxo de Dubai, lugar de orixe do petróleo co que se fabrica o chaleco, ata os pobres de Bangladesh como a costureira Taslima.

É un libro orixinal no que se mesturan a narración e a información, galardoado co Premio alemán ao mellor libro xuvenil de divulgación científica.




domingo, 4 de diciembre de 2011

CEA NO PUKIS!!!

Todos os comensais (agás Claudia, que chegou algo tarde...)
Os comensais "seleccionados" (non por gañadores, eh?)
CEA NO PUKIS !




Grazas ao concurso de palabras estrafalarias ,o clube de lectura deunos un premio chulísimo : UNA CEA NO PUKIS. Non todos participamos, pero aínda así acudimos 20 membros do clube, que aínda son !! Aínda que iso das 8 retrasouse un poco, xa que a xente no é nada puntual, chagamos todos. Xa eran como as 9 e empezamos a pedir cada un o que quería. Comemos o que quixemos e maís, e ademaís todo estaba moi moi rico!! Comemos pizzas, bocatas, o postre...de todo ! Rematamos a cea sobre as 10 e media, logo, cada un para a súa casa!

Gustaríame contar una pequena anécdota que a mi, persoalmente, fíxome gracia . Para que logo os mestres digan ! Os únicos que dixeron : “ E cando leemos”? , foron os que , como lles chama Begoña, “os mellores de cada casa”, os únicos que o dixeron. Para que vexades o atentos que son !

Bueno, mestres,esperamos un premio tan chulo como este moitas mais veces, xa que foi unha noite chea de risas !

Tamara Bello

viernes, 25 de noviembre de 2011

CONCURSO NO TUENTI





















Estas son as "palabrejas" estrafalarias coas que concursastes os salicornios e salicornias no tuenti. Ana -profe- fixo un "bordado" con todas elas e mirade que BONITASSSSSSSSSSSSSS VOLAS deixou! Bordou tanto as palabras en castelán como as galegas porque todas elas merecían un cadro, a que si?



Xa sabedes que os gañadores foron: Ángela Casal, Andrea Piñeiro, Tamara Bello, Cristian Martínez e Carmen Valiño. E tamén sabedes que levaron un premio CHULO CHULO CHULO, así que a animarse porque haberá máis concursiños e máis premios.



miércoles, 16 de noviembre de 2011

Un resumo rápido




Ata o momento no Club de lectura (este curso somos 38!!!) fixemos a sesión de inauguración lendo poemas dende a praia pequena ata a Ponte do porco, comezamos cun taller de papiroflexia, estamos a facer un concurso de palabras estrafalarias por medio do tuenti e estamos lendo:


-Caperucita en Manhatan, no 1º ciclo de ESO


-La casa de la linterna, no 2º ciclo da ESO




Seguiremos pasándoo ben coas nosas lecturas!


Un bico a todos-as.

viernes, 7 de octubre de 2011

OLAAAAAAAA!!!




Novo curso, novas caras, novas lecturas, novas actividades, novas ilusións...




Ola a todos e todas, salicornios e salicornias...




Este curso somos 36!!! VIVA LA VIDA!!!




Espero que leamos moito, que o pasemos ben e que fagamos xuntos moitas cousas.




De momento, se o tempo o permite -que parece ser que si o vai permitir- pois... iremos ata a Ponte do Porco camiñando pola praia e lendo poemas.




Ao alumnado de 4ºA e 4º B: facede fotitos, fixádevos ben en todo e collede cousas para escribir esta saída" no voso diario de viaxes.




Ata o luns!

miércoles, 20 de julio de 2011

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Para lembrar un conto tradicional que terá moito que ver cunha das lecturas do próximo curso, botade unha ollada a estes vídeos. Dúas versións, unha delas da editorial Salvat e outra plurilingüe do CEIP Mestre Martínez Alonso, onde (re)descubriremos personaxes e paisaxes que reencontraremos en lecturas futuras.



jueves, 2 de junio de 2011

Maratón de cine e clausura do CLUB

Aínda que non o pareza pola fotito... por fin chegou o día e fomos ao albergue da vila para pasar unha noite "maratoniana" vendo pelis, rindo, falando e ... case SEN DURMIR, claro.





NON CREADES QUE SÓ TOLEAMOS, como na foto!! Non! Primeiro, como grandes cumpridores que somos os membros do Club de Lectura, fixemos todos os deberes do día seguinte. E despois colocámonos no chan, comodamente deitados en colchonetas e vimos tres pelis: Cumbres borrascosas (un drama de amor e paixóns que algúns salicorni@s cualificaron de "pastelada"); ¿Y tú, quién eres? (unha tenra peli sobre o alzheimer) e Matar un ruiseñor (a mellor das tres para moitos, unha fermosa historia antiracista, sobre a tolerancia e moitas cousas máis). No intermedio ceamos unhas riquísimas pizzas e ao día seguinte, tras unha noite algo "movidita" almorzamos e a clase!






Esta foi a nosa derradeira reunión do club de lectura por este curso. Esperámosvos no próximo curso, con novas actividades, novos libros e con igual ou maior ilusión!!!



Unha aperta a tod@s!

martes, 31 de mayo de 2011

Dos avós aos nenos

Despois da experiencia cos avós de Laraxe, tivemos un encontro cos nenos de Ombre. Acompañados pola súa profe, Isabel, por catro nais e dous avós, estiveron no noso cole onde María Méndez lles falou da Prehistoria e ensinoulles a nosa cova. Entre ela e Chus axudáronlles a pintar e deixar a súa pegada nas paredes da cova. Despois os nenos e nenas presentáronnos unha actividade relacionada cos romanos na que vimos todo o traballiño que había detrás, todo o que aprenderan, o que sabían e o ben que o pasan coa súa profe.
Un bico a tod@s e ata o ano que vén!

lunes, 30 de mayo de 2011

VISITA AOS AVÓS DO CENTRO DE MAIORES DE LARAXE

Foi emocionante a experiencia no Centro de Maiores de Laraxe. Case todos choraron! Os maiores foron moi agradecidos e lles gustou a nosa visita. O que máis me gustou foi o final: os avós cantaron e bailaron connosco! Puxéronnos pinchos e todo! En definitiva: PARA REPETIR!!! :)

Estas son as palabras de Andrea Piñeiro que reflicte o sentir de todos os participantes na actividade que o Club de Lectura realizou no Centro de Maiores de Laraxe o pasado 24 de Maio.

Falamos da escola e antes e de agora, representamos unha pequena comedia, contamos contos, recitamos, emocionámonos cos avós e cantamos e bailamos con eles.

Foi unha moi boa experiencia.

E aquí tedes A CARTA AOS MEUS AVÓS que Silvia Blanco ecribiu e leu e que supoño que todos nós poderiamos dedicar aos nósos maiores:

CARTA AOS MEUS AVÓS
Dende o 21 de novembro de 1995,
data na que eu nacín, sempre estivestes aí:
nos meus primeiros pasos,
preparando as miñas primeiras comidas,
vendo caer os meus primeiros dentes....
Fostes case os primeiros en collerme no colo
e eu fun a máis experta coñecedora das vosas apertas,
agarimos e bicos.
Que orgullosos estabades de pasear á vosa meniña,
de coidala, vestila, peiteala...!
Déstesme todo o cariño do mundo!
Seredes como todos os demais avós, claro,
pero para min sodes ÚNICOS!
Moitos de nós debévosvos todo o que somos
porque nos educastes,
acompañástes ,
quixéstesnos e déstesnos calor,
coidástenos...
E todo iso non se pode agradecer só
con simples palabras.
Eu quero agradecérvolo
sempre cos meus bicos
e con todo o cariño
que poida darvos.

GRAZAS, AVÓS!

A vosa neta, Silvia.

martes, 10 de mayo de 2011

Día do libro en Ourense lendo o Principiño


Para celebrar o día do libro O Club de Lectura Salicornia desprazouse ata Ourense acompañado por alumnos e profesoras do IES Castro da Uz de As Pontes.
Alí, ademais de visitar coa axuda dunha guía profesional a cidade de Ourense, poidemos disfrutar dun baño nas termas de Outariz e da recepción do Alcalde no magnífico salón de plenos do concello.
Na Praza Maior fixemos a lectura continuada do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry en portugués, francés, castelán e galego. Cada lector escoulleu unha palabra e escribiuna nos paneis dos dous centros. Pola tarde, sentados baixo a árbore do paraíso do horto que o concello está a preparar, compuxemos, coas palabras escollidas, un fermoso poema colectivo:

Nun libro sobre a Selva Virxe
fálase de miles de estrelas
dun esquecido deserto
onde habita un antigo misterio.

Alí, unha pequena e máxica fada,
ferida por espiñas de rosas,
agarda a chegada dun príncipe
sentada á sombra dun baobab.

La tierra en que vivía
representaba la suavidad eterna
e durante o crepúsculo,
as inxenuas estrelas
desaparecían co fin da noite.
Con multitude de cores
unha erupción se mostraba,
con moita dozura ao amencer,
e a cor vermella asomaba.
A insoportable queimazón do Sol
arelaba o extenso mar,
un mar sabio, profundo e perigoso
que sólo un vanidoso héroe podría surcar.
Só a el deberiamos admirar.

Pero... es preciso no olvidar el misterio del desierto
de dunas de arenas doradas,
nin a esquecida illa rodeada de arrecifes de coral.
Fantasías divertidas ,
aventuras extraordinarias,
noites claras
que o príncipe devecía por percorrer a alancadas
que o mergullasen en brillantes océanos venturosos.

Todo estes misterios non se poden ler nos libros,
nin desvelar naqueles mapas debuxados por xeográfos,
borrachos de paisaxes,
que sucumben a grandiosos e infinitos ceos de zafiro
escurecidos pola lúa de prata.

A xa débil fada, cansa de esperar,
camiña por rochas perigosas,
labrando un camiño firme e seguro,
sendo astuta coma un raposo.
Na súa longa viaxe atopou un planeta
en el que el tiempo no pasaba
lonxe da sombra do baobab.

E alí, nese planeta... comprenderás
que hay un secreto y un misterio siempre presentes...
ata que ... camiñando de présa,
agochado entre os viaxeiros,
llegue el príncipe a la fuente del árbol del paraíso!

VISITA A VILLA FLORENTINA



O pasado 22 de marzo, despois de ler O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez, visitamos a casa-museo do escritor -Villa Florentina-, coñecemos o espazo real que inspirou a novela e mergúllamonos na fición a través dun xogo de pistas encadeadas ás árbores do xardín. Así enlazamos literatura e natureza (o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques, a obra literaria e o autor, a realidade e a fición.

lunes, 9 de mayo de 2011

Estivemos en Ourense

Igual que en anos anteriores, fomos celebrar o día do libro, esta vez a Ourense. Alí lemos O principiño nas escaleiras da Praza Maior. E despois de ir ás termas de Outariz, fixemos o poema coas palabras tiradas da lectura.
Aí vai esta marabilla que vos saíu!!!

martes, 8 de marzo de 2011

As manifestacións corpóreas de Gurb e o seu compañeiro de viaxe

O personaxe que protagoniza Sin noticias de Gurb non é Gurb, senón o comandante da nave espacial na que chegaron á terra. Gurb é importante pola súa ausencia (o seu comandante percorre a cidade buscándoo) e polo desenlace, que aquí non descubro para que sexa unha sorpresa.
Estes extraterrestres son só entes pensantes sen corpo, polo que a súa estancia na terra esíxelles adoptar forma humana e, para facelo, botan man da información visual da que dispoñen. Gurb escolle a imaxe corporal de Marta Sánchez e non a cambia, pero o seu compañeiro adopta varias formas que, se miramos ben, dinnos moito da súa personalidade: escolle sempre figuras masculinas con certa relevancia social e aspecto físico destacado. É xefe, síntese xefe e transfórmase en xefe terrícola.
A composión fotográfica que podedes ver amosaravos o contraste físico entre Gurb e o seu compañeiro de viaxe, así como os diferentes aspectos deste último.

viernes, 25 de febrero de 2011

Como nos ven os extraterrestres aos terrícolas


Así nos ven os habitantes doutras galaxias:

“Os seres humanos, a semellanza dos insectos, atravesan por tres fases ou etapas de desenvolvemento, se o tempo o permite. Aos que están na primeira etapa denomínaselles nenos; aos da segunda, currantes; e aos da terceira, xubilados. Os nenos fan o que se lles manda; os currantes, tamén, pero son retribuídos por iso; os xubilados tamén perciben cartos pero non se lles deixa facer nada porque o seu pulso non é firme e soen deixar caer as cousas das mans, agás o caxato e o xornal. Tamén hai unha cuarta etapa ou condición, non retribuída, que é a de fiambre, e da que máis vale non falar”.

“Primeiro contacto con habitante da zona. Datos: tamaño do ente, 170 cm.; perímetro craneal, 57 cm. ; número de olos: dous; lonxitude do rabo, 0.00 cm. (carece del). O ente comunícase cunha linguaxe de gran simplicidade estrutural, pero de moi complexa sonoarización, pois debe artellarse mediante o uso de órganos internos. Conceptualización escasísima”.

“Falan, longamente e a berros, con acompañamento de acenos e xestos horribles. Aínda así, a súa capacidade de expresión é limitadísima, agás no terreo da blasfemia e a palabra soez, e nas súas alocucións abondan as anfiboloxías, os anacolutos e as polisemias”.

“Non hai en todo o Universo chapuza máis grande nin trasto peor feito có corpo humano. Só as orellas pegadas ao cráneo de calquera modo, xa bastarían para descalificalo. Os pés son ridículos; as tripas, noxentas. Todas as caveiras teñen unha cara de risa que non vén a conto. De todo iso os humanos só son culpables ata certo punto. A verdade é que tiveron mala sorte coa evolución”.

NON SAÍMOS MOI BEN PARADOS, VERDADE?

jueves, 24 de febrero de 2011

Sin noticias de Gurb.

Olaaaaaaaaaaaa!
Levo xa moito tempo sen facer unha entrada eeh !jaja
Bueno xa temos novo libro "sin noticias de gurb"de Eduardo Mendoza, a xente toda xa o leu menos eu e Claudia que fomos a Jaca. E agora non nos enteramos de nada , estamos a falar de botar a profe de francés porque non ven nunca o club , e non xustificou as faltas aínda , imos ter que tomar medidas !
A profe está a dicir que onte leu todo o libro e baixou todas as fotos dos personaxes citados no libro, para que saibamos quee apariencia ten Gurb (Marta Sánchez) e cales adopta o seu compañeiro que son moi variadas , algunhas delas : El Conde Duque De Olivares , Paquirrín, Julio Romero De Torres , Pío XII, Gandhi, Gary Cooper, Cousteau, Gilbert Becaud, Eisenhower...
Esta vez ímola perdoar porque fixo un bo traballo (:

Bueno xa vos contarei máis no próximo día !
Ángela

viernes, 11 de febrero de 2011

Novo libro en 3º e 4º ESO para os salicornios-as


Este é o libro que lerá o club de lectura de 3º e 4º ESO:

Matar un ruiseñor
preséntanos unha protagonista moi nova pero intelixente, Scout Finch, que vive nunha vila de Alabama nun momento histórico no que os negros comezan a alzar a voz, mentres os brancos estreitan máis o cerco do racismo.

Scout, a nena de 9 anos protagonista da historia, no vive allea a estes acontecimientos, pero ten problemas máis serios que atender: averiguar qué sucede na sinistra casa de “Boo” Radley. Quen é exactamente, e por que só sae polas noites?

LEDE UNHA OPINIÓN:
"Creo que hai tres razóns polas que a xente volve unha e outra vez a ler Matar un ruiseñor:
Primeiro, porque é unha boa historia e sempre haberá sitio para as boas historias.
Segundo, porque o libro trata un tema esencial en todas partes: o desafío de vivir en paz con xente que é diferente.
E terceiro, porque esta novela comparte algo con moitas outras grandes creacións literarias. Pregúntache:

Que farías ti? Defenderías o que cres xusto, como Atticus, aínda que te enfrontases ás críticas e mesmo ao odio?"

POIS CANDO REMATES DE LELO, RESPÓNDETE A TI MESMO...

jueves, 10 de febrero de 2011

Novo libro en 1º e 2º ESO para os salicornios-as

Este é o libro que estamos a ler nestes momentos:

Sin noticias de Gurb
O argumento é moi sinxelo: Dous extraterrestres, Gurb e un anónimo marciano (sen nombre), recalan na Terra, nos arredores de Barcelona, debido a unha avaría na súa nave espacial. Son incorpóreos e poden adoptar a forma que lles apeteza. Un de eles, Gurb, decide investigar todo o que lle rodea adoptando o aspecto físico da famosa cantante Marta Sánchez. O seu compañeiro decide seguir os seus pasos por Barcelona, consciente de que sen Gurb non pode facer nada, e irá narrando todas as súas experiencias en forma de diario.

ESPERAMOS QUE O PASEDES BEN LENDO A EDUARDO MENDOZA!

domingo, 6 de febrero de 2011

Despois de ler Makinaria

Unha profe -Rosa Salgueiro- prestounos as súas actividades sobre o libro de Carlos Negro. Cando rematedes a súa lectura, farémolas en común, pero podedes botarlles un vistaciño antes premendo no enlace.

sábado, 5 de febrero de 2011

Uns poemas recitados


Escoitade estas marabillas recitadas do libro que estades a ler no CL de 3º e 4º. Dous son da derradeira parte de Makinaria e realmente neles está a mensaxe que Carlos Negro quere enviarnos co seu libro. Só tedes que pensar en que unha porcentaxe moi grande de xoves perden a súa vida nas estradas nos fins de semana...
Escoitádeos aquí ("Game over") e aquí ("Mamá Carme") con atención. Paga a pena! (Sabedes quen recita?) (Podédelos ler aquí o de Mamá Carme e aquí o de Game over, á vez que escoitades).
Tamén podedes ler os que recitaron Diego, Fer e Miguel Forcelledo para vós no club de lectura do venres. (Subirémolos a este blog cando os gravemos para que os escoitedes xa que se esforzaron moito para recitalos ben).

lunes, 24 de enero de 2011

Club de lectura 1º e 2º

Hola, sinto moito por tardar moito en facer as entradas pero e que sempre me esquezo jaja .
O xoves acabamos de comentar o libro "mi familia y otros animales" e xa o rematamos todos. As profes decidiron ler "o señor Ibrahim e as flores do Corán" , que por certo e un libro moi entretido e que xa leron os do club de lectura de 3º e 4º .
Tamén nos deron un gran sorpresa ! En mayo quedamonos a dormir ... NO COLE ! Imolo pasar moi ben vendo pelis todos xuntos , o que van pasar as profes.. jajaja !
E xa está nada máis que contar ! Ata o proximo día.

jueves, 6 de enero de 2011

ÁNIMOS PARA LER

Se premedes aquí ides ver un vídeo dos profes da Sprague Elementary School (USA) no que animan á lectura dunha forma moi especial... Fixádevos ben e ide pensando nunha coreografía porque... :-)