lunes, 30 de mayo de 2011

VISITA AOS AVÓS DO CENTRO DE MAIORES DE LARAXE

Foi emocionante a experiencia no Centro de Maiores de Laraxe. Case todos choraron! Os maiores foron moi agradecidos e lles gustou a nosa visita. O que máis me gustou foi o final: os avós cantaron e bailaron connosco! Puxéronnos pinchos e todo! En definitiva: PARA REPETIR!!! :)

Estas son as palabras de Andrea Piñeiro que reflicte o sentir de todos os participantes na actividade que o Club de Lectura realizou no Centro de Maiores de Laraxe o pasado 24 de Maio.

Falamos da escola e antes e de agora, representamos unha pequena comedia, contamos contos, recitamos, emocionámonos cos avós e cantamos e bailamos con eles.

Foi unha moi boa experiencia.

E aquí tedes A CARTA AOS MEUS AVÓS que Silvia Blanco ecribiu e leu e que supoño que todos nós poderiamos dedicar aos nósos maiores:

CARTA AOS MEUS AVÓS
Dende o 21 de novembro de 1995,
data na que eu nacín, sempre estivestes aí:
nos meus primeiros pasos,
preparando as miñas primeiras comidas,
vendo caer os meus primeiros dentes....
Fostes case os primeiros en collerme no colo
e eu fun a máis experta coñecedora das vosas apertas,
agarimos e bicos.
Que orgullosos estabades de pasear á vosa meniña,
de coidala, vestila, peiteala...!
Déstesme todo o cariño do mundo!
Seredes como todos os demais avós, claro,
pero para min sodes ÚNICOS!
Moitos de nós debévosvos todo o que somos
porque nos educastes,
acompañástes ,
quixéstesnos e déstesnos calor,
coidástenos...
E todo iso non se pode agradecer só
con simples palabras.
Eu quero agradecérvolo
sempre cos meus bicos
e con todo o cariño
que poida darvos.

GRAZAS, AVÓS!

A vosa neta, Silvia.

5 comentarios:

Juan Picos dijo...

Foi bonita a experiencia..

Begoña dijo...

Alégrome de que che gustase. E que che pareceu a dos nenos de Ombre?

Alba dijo...

Estou dacordo con Juan foi unha experiencia incrible que nos ensinou moito e coa que ns emocionamos moitísimo moitos de nós.

Anónimo dijo...

eu chorei

Iago Pena dijo...

O ano que ven hai que repetir!! foi unha boa forma de pasar a mañá...