CONFESIONARIO

"Confesa" aquí o libro que estás lendo, cóntanos por que che gusta e anímanos a lelo.

Eu estou "lendo" (o de ler é un dicir...) o libro que temos previsto para este mes no noso club (Emigrantes). Encántame. A ver se desta vez tamén vos gusta a vós porque sodes algo "rariños" para isto das lecturas. Con este, COMO NON HAI TEXTO :-) teremos que poñer nós as palabras. Espero que sexa unha actividade guapa e divertida para tod@s.
Un bico, salicornias! (Agora xa podemos usar só o feminino... o único rapaz que tiñamos... fuxiu...!!!).
Begoña

E como xa estou a isto... coméntovos un pouco sobre un libro que lin hai tempo pero do que gardo un precioso recordo: Seda, de Alesandro Baricco. Resumindo moito é a historia do DESEXO: desexo dunha muller polo seu home; desexo dun home por unha muller coa que nunca falou e á quen só viu unha vez; desexo de reencontros e voltas... En fin, o DESEXO con maiúsculas, contado dunha forma amena, sinxela e rápida.
Begoña.

SOL DE INVERNO, de Rosa Aneiros
Seguramente fose o mellor libro que teño lido en galego, e non creo que lea outro mellor en moito tempo. E aínda así, non vai ser un libro que eu recomende, porque me deixou baldada, esgotada, sen enerxía... Non é libro para calquera, hai que ser moi bo lector e moi forte para chegar ata o final sen desfalecer.

É un libro de máis de 500 páxinas, con escasos diálogos, escrito en segunda persoa. O narrador diríxese á protagonista, Inverno, que desde o seu alzheimer incipiente, loita por non perder a súa vida no pozo do esquecemento. Frío, miseria, morte, guerra, caciquismo, política, ditadura, exilio, escravitude, loita, amores, dor, morriña... e moita poesía, agochada nunha prosa cunha riqueza de vocabulario que resulta ata excesiva, como o número de páxinas, sen que chegue a sobrar nin unha palabra nin unha páxina. Maxistral.
Madoé.

Eu estou lendo Tres metros sobre el cielo de Federico Moccia. É a típica historia de amor entre un rapaz rebelde e unha nena "ben". Gústame moito. Os temas son o amor, a amizade, as carreiras de motos e a relación cos pais. Recomendaríavolo porque seguro que vos gusta.
Noemí Gónzález

Eu leo nestes momentos Tres metros sobre el cielo de Federico Moccia. Gústame porque ensina o lando tenro, salvaxe, violento e atrevido das persoas. Gústame o amor que sinten os seus personaxes: Step, un rapaz salvaxe e violento ao que lle gusta a velocidade, o risco e a camaradería das bandas; e Babi, unha rapaza estudosa, tímida, á que lle gusta a moda... Cando se coñecen enseguida aprenden un do outro, aínda que nun principio non se gusten.
Anímovos a lelo porque entretén, mergúllanos en Italia e, sobre todo, no amor.
Patricia Freire.

O libro que acabo de rematar é Caminar sobre hielo. Encantoume porque narra... ben, mellor non o conto... Aconséllovos que o leadas porque é moi interesante.
Carla Rivera

O libro que máis me gustou foi NO pidas sardina fuera de temporada. É moi entretido e nel nárranse as pescudas de Flanagan, un detective adolescente. Se vos animades a lelo, ides quedar enganchados porque ten un ritmo moi rápido e é moi ameno. Vaivos encantar!
David Vidal.

Estou lendo Boy. Trata a historia dun neno noutros tempos. Gústame porque é un libro fácil de ler e amosa a realidade e non emprega ningún tipo de mentiras.
Beatriz Anido

O buscador de estrelas é un libro moi interesante. Trata sobre un neno que está enfermo e recibe todas as noites a visita dun ancián descoñecido para el que o axuda a ir cara adiante coa súa enfermidade. Gústame porque é fácil de ler e está inspirado en feitos reais.
Alexandre Rodríguez

Estou lendo Diez negritos de Ágatha Christie. Gústame moito porque hai moita intriga e suceden moitas cousas. Anímovos a que o leades.
Diego López

Estou lendo A fiestra baldeira de Rafael Dieste. Gústame porque trata temas do pasado nunha vila mariñeira. Anímovos a lelo porque así coñeceredes a vida nunha vila como a nosa.
Juan Picos

Estou lendo o libro Amanecer que conta moitas historias dentro da mesma. Recoméndollo a calquera que lle gusten os libros de suspense e intriga, e tamén de amor...
Tamén recordo moito o libro Memorias dunha gheisa, polas reflexións e os sentimentos que hai nel. É un libro que che fai cuestionar o mundo asiático e, á vez, valorar máis o que tes e as oportunidades porque esas protagonistas do libro non teñen opción de nada.
Nerea López

Los caminos del miedo é un libro conh historias de terror. Estame gustando moito. É un novo xénero para min.
Manuel Grueiro

Encántame a lectura. Xa dende nena podía pasar horas lendo e lendo sen parar. Os libros son os únicos que me axudan a desconectar da realidade. Recoméndovos un libro que lin hai xa tempo: Mi tigre es lluvia. É un libro que narra á perfección o mundo da adolescencia xa que nel se conta a historia dunha rapaza que sofre unha grave enfermidade: a anorexia. A protagonista non é un personaxe de fición, senón que é real, polo que o libro nos achega a un dos temas presentes no mundo da adolescencia.
Andrea Montero

Recoméndovos Crepúsculo. Anímovos a lelo porque é moi interesante xa que trata dun amor imposible entre un vampiro e unha humana. Ademais das aventuras que viven os dous personaxes, hai escenas de moito amor, de comedia e cun final moi bonito.
Ágata Nguema

O libro que estou a ler é Un árbol crece en Brooklyn. Gústame porque fala dos anos 20 do século pasado, cando había moita pobreza e no que unha nena conta as historias que lles ocorren a todos os membros dunha familia.
Alejandro Pérez

Anímovos a que leades As crónicas de Narnia porque é un libro distinto, intrigante, interesante... que trata duns cativos que viaxan a outro mundo, un mundo fantástico.
Brais López