miércoles, 13 de enero de 2010

REUNIÓN POST VACACIONAL e vai de bronca!


Bueno pois unha vez mas,unha evaluacion máis...UN ANO MAIS(feliz ano a todos)reunimonos aquí,na olorosa aula de usos multiples para comentar os 6 primeiros capitulos de"El clan del oso cabernario"parece que de momento non ten moito exito...só unha persoa leu ós 6 capitulos(moi ben patricia os demais...asi mal imos)e Andrea quedaouse no 5...ben temén..os demais...somos un desastriño!jeje despois destas confesións sobre o que deberiamos facer pero non fixemos jeje comentamos un pouquillo a vida nestes tempos...vida totalmente diferente a nosa,Andrea en total desacordo...Carmen fixo uns papeliños preciosos con fragmentos moi bonitos do libro que ela xa acabo despois de estar onte hasta as 4 de mañá(eso sería porque lle gustou:)preguntamonos sobre a forma de comunicarse...por sons xestos...Tamen falamos do taller que imos ter o luns..que ganas..non vos esquezades por nada do mundo do que tedes que traer:CARTABON,ESCUADRA,LAPIZ,GOMA e ROTULADOR NEGRO!!!!!!!!Por certo...aprobeito que me toca escribir para decirvos a toda esas persoas que PASADES DE TODO e non ides nin un só día as reunións(dudo moito que leades isto)que xa vos vale,que houbo xente que se quedou sen ir par aque agora veñades vos e pasedes de todo..isto vai cambiar,que o sepades todos...non vale esta só para perder clase:(e despois desta...opinión persoal jeje só dicirvos que leades moito que o martes que ven...máis e mellor!

marina!

domingo, 10 de enero de 2010

TROCO DE LIBROS


Entra en BookMooch, que é unha comunidade virtual para intercambiar libros usados. Nela podes entregar libros que xa non necesitas a cambio daqueles que queres. Dar e recibir, esa é a clave. Cada vez que lle dás un libro a alguén, gañas UN PUNTO e podes obter outros libros. E se non queres os puntos, podes doalos a organizacións solidarias que reparten libros en hospitais de nenos, a bibliotecas con poucos recursos, a países onde os libros son difíciles de atopar...

viernes, 8 de enero de 2010

2010 LECTOR!!!


Declarado pola Xunta de Galicia como o ano do libro e da lectura. Aquí vos deixo o programa das actuacións que coinciden coa celebración do Xacobeo. Lédeo, hai cousas que prometen, como a creación dunha biblioteca de contos creados por escolares, que se editarán e conservarán nun lugar específico; tamén parece que por fin se abre a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela; realizaranse, en trinta concellos polos que transcorren os nove camiños que levan a Santiago, os "Camiños de mar e lúa" que consistirán en trinta espectáculos de poesía e música, de maio a xuño; e outros proxectos como a "Noite dos libros" ou "Libros sobre rodas".