Declarado pola Xunta de Galicia como o ano do libro e da lectura. Aquí vos deixo o programa das actuacións que coinciden coa celebración do Xacobeo. Lédeo, hai cousas que prometen, como a creación dunha biblioteca de contos creados por escolares, que se editarán e conservarán nun lugar específico; tamén parece que por fin se abre a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela; realizaranse, en trinta concellos polos que transcorren os nove camiños que levan a Santiago, os "Camiños de mar e lúa" que consistirán en trinta espectáculos de poesía e música, de maio a xuño; e outros proxectos como a "Noite dos libros" ou "Libros sobre rodas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario