TAMÉN HAI QUE ESCRIBIR

Ler e escribir van moi unidos. Esta é unha páxina para que escribas. Recorda unha cousa básica: para conseguir un bo texto, debes borrar, corrixir, cambiar, poñer, quitar, tirar, romper, escribir, escribir e reescribir. Cando teñas iso feito, sube aquí os teus textos: poemas, contos, relatos, historias, sentimentos, sensacións, recordos...

Escoitando o cd da banda sonora de "El pianista", escrita libre:
"Liberdade, seguridade, tristeza, melancolía... o día, a noite, soñar, voar, unha vida por diante, un soño polo que loitar, paz, esperanza, amizade, dozura, relaxación, cariño... tranquilidade ! Nota tras nota. Inspiran paz, transmiten sentimentos".
Marina Grueiro

"O tempo, a vida, a esperanza, a soidade... Cando estás só, o tempo pode pasar amodiño ou rapidamente... ao igual cá vida, a esperanza, a soidade..."
J.Francisco Vilariño

"Estou a escribir o que penso, pero... que penso? Pola miña cabeza pasan imaxes da miña vida, sons que escoitei, as miñas alegrías e as miñas penas... Pero que estou a facer? Estou redactando toda esa mistura de imaxes, sons, sentimentos... acompañados por unha canción que me fai revivir os meus peores momentos... aínda que non pense niso..."
Constantino Bello

Escoitando o cd de "Gaia", Mago de Oz:
"A casa. Lugar onde sabes que sempre estarás seguro, onde estás arroupado, onde sabes que nada malo che pode pasar. Sentir os aromas da terra... o mar, o verde... todo aquilo polo que morro, todo aquilo polo que nunca deixarei de loitar; loitar polo que máis quero, pola miña casa. Galicia".
Andrea Montero.

"O mar, o arrecendo a mar... as gaivotas voando por riba dos barcos esperando coller algo que comer... a pobreza, a xente que se vai e non volve, a casa dos meus avós, a miña avoa facendo filloas, o meu avó cortando na leña...
Medo... liberdade... todo se xunta... unha mistura de sentimentos...
Piratas que se achegan ao barco onde están aqueles mariñeiros...
Branco... Unha habitación escura, eu no centro... ninguén ao meu redor... non sei o que pasa, gustaríame botar a correr pero sinto que teño que quedar..."
Miriam Anido.

"O son do mar e o das gaivotas era unha sensación indescriptible que naqueles momentos me inundaba por completo. Tumbeime na verde herba e deixeime mollar pola choiva, esgotado, incapaz de moverme e entrei nun estado de inconsciencia. Era un gran mar e eu estaba sobre un cantil. A terra non asomaba por ningunha parte e eu estábame entón a tirar polo cantil, levándome a unha morte segura. Eu non o quería facer... pero o meu corpo non era o meu corpo e eu non o podía mover. Deixeime levar e saltei. SEN EMBARGO..."
Jesús Moreno


Sentimentos:

"Cando vexo o mar sinto unha agradable sensación de felicidade que percorre o meu corpo. Esta sensación multiplícase no inverno, cando a praia está baleira e vemos todos os barcos pequeiros ao lonxe.
Alexandre Rodríguez

"Lembro o meu primeiro día de escola. Estaba cun medo no corpo que non entraba nel. Tantos nenos, todos con mandilóns, xente que nunca vira... Cando volvín a casa xa estaba máis feliz porque o primeiro día de escola xa pasara... MENOS MAL!"
Juan Picos

Escoitando música celta e mirando unha imaxe (que mágoa non poder "subila", pero estas páxinas estáticas de momento son así...):

"Liberdade, sentirme como un golfiño... saltar diante dos barcos, sen medo, sen límites... SALTAR!!! Berrarlle ao mundo que son forte... chorar, chorar, chorar de alegría... Bailar agarrados nunha noite estrelecida... As ondas do mar que se moven ao ritmo da música... Vexo outra vez golfiños bailando baixo a auga mentres eu vou no meu barco, no barco da miña vida... O vento dáme na cara.. SILENCIO... "
Miriam Anido

"Contos de fadas, momentos máxicos, liberdade, princesas. Noite de verán. Relaxación. Tranquilidade. Benestar."
Cristina Ares

"Liberdade, despedida, abandono da túa vida para ir a outra, comezar de cero, ter outra oportunidade, esperanza, ganas de vivir, aproveitar o momento, CARPE DIEM!"
Brais Chao

"AMOR. Podes ser algo precioso ou algo horrible. Se a outra persoa sente o mesmo ca ti, podes acadar un nivel moi alto de felicidade. Pero... se, polo contrario, a outra persoa non sente nada... a dor que sentes é mortal".
Brais López

"O sentimento do que vou falar é o do AMOR. Sabes que o sentes cando ves a unha persoa pola que darías a vida, que farías o que fose para que nunca sufrise, que cando sorrí ti es feliz, que sentes que o teu mundo se ilumina cando te mira, que cando corres cara a ela e a colles nos teus brazos... pensas: "é a persoa que máis quero neste mundo". Falo do meu irmán pequeno."
Ágata Nguema

Agora lede algún dos GÚSTAME - NON ME GUSTA:
Gústanme os que van “ a por todas”, os que van cara adiante e non se abanean ante os problemas, os que che fan ver que ao malo hai que lle sacar sempre o lado bo; a xente cercana, cálida, os que tenden as mans, os que non lles importa expresar os sentimentos, os que che fan rir, os que che amosan o lado fermoso e divertido da vida; os que fan de todo por todos; os auténticos. A luz, o sol, as candeas, as velas, ver o que os meus ollos me amosan. Os AMIGOS.

A imaxinación, deixarme levar pola miña mente e fuxir da realidade; pensar que todo é como querería que fose; ser libre e ter ás para voar; vivir momentos especiais e máxicos. SONAR.

A cor verde, as árbores. A cor azul, o mar. A humidade, a choiva, os arrecendos, a comida, a casa, o meu fogar. GALICIA.

Non me gusta a xente de bágoas fáciles, as persoas que só se queixan por vicio ou costume; os que gastan en trapalladas e que rin das miserias dos mais; os que teñen pechados os ollos e non poden ver máis alá do seu nariz; as persoas sen escrúpulos, a xente falsa que disfraza a súa personalidade, os que minten, os idiotas, os que non lles importa o sufrimento dos outros.

Non aturo non poder expresarme e abrirme ao mundo, berrar… Odio sentirme sometida e que non me deixen ser como son. Non me gustan os espazos pequenos e sentirme prisioneira. Non me gusta sentir medo, nin a falla de liberdade.

A noite, a escuridade, non ver o que teño diante.

ANDREA MONTERO


E tamén algúns medos:


Teño medo:

Cando sinto a soidade
Á morte
A perder a xente que quero
A non valerme por min mesma
A perder a confianza na xente
Á violencia, a ser vítima das inxustizas
Ao mundo, a que todo siga así e non vaiamos mellorando
Aos tronos, aos relustros
A quedar soa, a non ter ninguén ao meu lado
Ao fin dos sorrisos, a que se acaben as gargalladas

Marina Grueiro

Teño medo:

A que o mundo me dea as costas e quedar soa
A perder o que máis quero na miña vida
A que haxa unha noite sen fin e un día sen principio
A que un día non haxa mañá.
A ter medo a non ser valente fronte a cousas que me parece que non deberían existir
Á perda dalgún dos sentidos
Á falta de ilusión, de felicidade, do amor, da compañía da xente… Á falta do mar, das montañas, do ceo…
A desaparecer do meu mundo
A viaxar a un lugar soñado e non volver nunca máis
A quedar no medio do mar, soa, ou no medio dun espazo sen fin.

Sara Díaz

Teño medo:

Das peludas e grandes arañas
Das serpes venenosas
Á inmensidade do mar
Á maneira de morrer
Aos tiburóns cos seus grandes dentes
Ás persoas malvadas que só queren facernos dano
A estar soa na escuridade nun lugar descoñecido
Ao lume
A quedar inválida e non poder disfrutar da vida
Aos camiños escuros e illados

Cristina Ares

E UNS RECORDOS:

Lembro que Cristina  me ensinou a andar en bici.
Lembro cando suspendín o primeiro exame de Matemáticas
Lembro todo este verán pasado.
Lembro cando coñecín ao meu mellor amigo, aos tres anos.
Lembro os abrazos de Silvia, cheos de cariño.
Lembro a primeira vez que viaxei a Madrid. Estaba chea de ilusións.
Lembro cando coñecín a María Luísa.
Patricia Freire

Agora vai unha descrición duns momentos no cole, escrita por Patricia Cubillo, xa sabedes: a mellor do mundillo!

LUGAR. AULA DE INFORMÁTICA
CLASE: CURSO DE TIC.
Es de estatura mediana, pelo rojo, botas de montaña y lleva unos vaqueros a los que acompaña con una camiseta verdosa y un fular colorido. La tengo en frente, la mano bajo la barbilla, comiéndose las uñas, mirándose los dedos por si tiene suciedad bajo ellas... mmm qué cara de interesante pone... ¡Qué chica más atenta! Seguramente sacaba sobresalientes en el colegio cuando era pequeña.

Se está comiendo las uñas.

Observa fijamente a la persona que está explicando en la pizarra digital, no le queda otro remedio... está a su lado y no puede desviar la mirada. Oh, parece que mira al suelo, ¿está empezando a aburrirse?, no puede ser, qué mal pensada soy. Ella jamás lo haría.

Sigue comiéndose las uñas.
Muestra su primera sonrisa al hacerle gracia un comentario de la profesora, pero ha durado muy poco. Empieza a perderle el interés...
Continúa comiéndose las uñas...