jueves, 9 de diciembre de 2010

Un novo día

De primeiro boas , sinto non escribir estas últimas semanas pero e que Begoña xa non trae o portatil e nunca me acordo de escirbir , jaja .
Hoxe coma sempre falamos e falamos do libro , aínda que ninguén leu nada . Falamos do libro en xeral e recordamos un par de detalliños do que xa lemos .
Pero hoxe foi algo diferente , pois as profes trouxeronnos unha pila de caramelos , para que nos quedemos sen dentes ou eso parece , jaja . Comimos todos un montón , pero ainda asi sobraron por que somos pouquiños e eran moitos caramelos .
Bueno hoxe hai pouco que contar , pois hai moitos exames e non podemos ler , asi que ata a proxima !
Abur!(:

lunes, 6 de diciembre de 2010

Tivemos uns falliños

Aquí estou, despois de .... pareceme que duas semanas sin poder escribir ! Eque con tanto axetreo que hai agora no Castro Baxoi isto é IMPOSIBLE. Primeiro non funciona a Aula Virtual, logo Begoña esquecese o portatil... Así non se pode traballar! Jajaja
Bueno, falando un pouco do que temos que falar: Nós 3º e 4º xa rematamos o noso libro do Señor Ibrahim e as flores do Corán, e agora tocannos ler uns contiños que escolleu Bego. Ata agora lemos só os dous primeiros (O Lago, e o da Arbore) , na última reunión estivemos a falar deste último. A case todos nos gustou! A min encantoume! Pero as persoas que as ironías non lles gustan (como é o caso de Alba) non lles gustou en absoluto :( (pobre Begoña que o fixo con toda a súa boa intención jajaja)
O do Lago en xeral gústou, sobre todo o enriquecemento das descripción que o fan moi "xugoso" a hora de comentalo. O máis chamativo deste conto é todo o que nos dá para pensar: ¿onde estará o home? ¿por qué se reirá a xente? É un conto para "intelectuales" jaja.
E bueno, xa me despido... Tiven pouco tempo para facer esta pequena entradiña, e... espero que vos guste moito!
Un saudo!
Patri 4ºA

jueves, 25 de noviembre de 2010

CLUB DE LECTURA 25-11-10

Hoxe non foi un día de moitos comentarios no club:
entre os exames e a reunión de delegados ... SOLO FOMOS 4!
Menos mal que as nosas profesoras non nos fallan .
Estivemos a falar do que limos esta semana:
os personaxes novos , as nosas impresións...
Chegamos a conclusión de que a nai da familia, non se comporta como unha nai, comportase coma unha especie de amiga .
Tamén estivemos a falar de personaxes novos que volveron a aparecer nos últimos capítulos.
Foi unha reunión un pouco aburrida pola falta das diferentes opinións que hai sempre, pero esperamos que a semana que ven xa estemos todos !
Ata o xoves , e lede moito!

jueves, 18 de noviembre de 2010

18-11-10 Club de lectura 1º e 2º

Estivemos a falar moitísimo , esta vez veu a profesora de Lingua Castelá Ana Andrés .
Ela xa lera o libro fai tempo pero Óscar recordoulle un pouco o que pasa e por donde ibamos.
Falamos todos un pouco , e Ana Andrés explicounos todo mellor para que o comprendesemos . No libro aparecen máis personaxes novos todos moi raros.
Esta vez limos só dous capítulos e non temos moito que contar entón despedimonos ata a semana que vén !
Abur !

jueves, 11 de noviembre de 2010

Segundo día no club ! (:




Estivemos a falar moitisimo sobre o libro e especialmente sobre un personaxe chamado Spiro. Este presonaxe emigrou das illas os EE.UU e aprendeu o idioma na rúa. Entón e o unico na illa que fala inglés pero moi malo. E nos fixo moita gracia como escribe o autor o seu falar.
Este libro é auto-biografico porque o protagonista conta a historia de cando era pequeno.
E o protagonista non iba ao colexio por eso a nai adicoulle un profesor, pero el non quería dar clase só das ciencias naturais , entón o profesor que era George para ensinarlle xeografía dicialle os animais que vivian en cada sitio.
A todos nos encanta porque as descripcións dos animais e todo o que di é xenial.
E bueno acabouse o recreo , ata o proximo xoves ! (:
Ángela.

martes, 9 de noviembre de 2010

Segundo día de 3º e 4º



Hoxe tibemos que cambiar o noso lugar de reunións, estaba ocupado !!
A maioría dos compoñentes xa acabamos o libro e todos temos algo que dicir... do final sobre todo. E de Popol, que uns decatanse porque él existe que é un fillo ue tivo o pai conoutra muller e o resto dí que non existe.
Comentamos tamén unha liña do libro que é moi fermosa, e fala dos bailes que facían o Señor Ibrahim e Momo no seu viaxe... nese fragmento ensinalle a facer unha viaxe a dentro de si mesmo... Momo cambia de relixión ao final, ao final transformase no árabe da rúa, que pode ser nos dous sentidos: tenda aberta, e a relixión.
Ana dinos que as flores do Corán teñen tamén un sentido espiritual.
Nerea dinos que non lle gustou nada o final, porque acaba coa morte do Señor Ibrahim, e así desvelamoslle "sen querer" o final a Silvia que estaba a piques de rematalo.O balance da vida da do Señor Ibrahim é positivo, viviu a súa vida sempre cun soriso.E foi outro dos mensaxes educativos deste.
"Voume reunir coa inmensidade" son unhas das últimas palabras do Señor Ibrahim, algún din que se vai reunir coa súa muller, e coas persoas que él quixo, e que unha persoa non morre mentres alguén a siga pensando e recordando.
En xeral o libro gustou bastante, algúns como Ana queixanse do tamaño (o libro é bastante pequeno). Bego quere buscar a peli para que a vexamos todos.

Patri 4ºA

jueves, 4 de noviembre de 2010

Primeiro día no club 1º e 2º da ESO.



A reunión comezou comentando un pouco sobre o que limos. Diciamos que o libro ao principio era un pouco complicado de entender. E que os personaxes eran un pouco raros. Fixadevos que por exemplo, non paraban de buscar casas con baños e non as atopaban. Tamén crían que as alcantarillas producían enfermidades.
A continuación comentamos unha serie de animais que aparecen no libro.
Un dos preferidos da profe de francés Carmen Presedo era un chamado Crisopa.
Se queredes ao final do libro hai unha lista de todos os animais que nombra o autor.
Tamén é interesante a biografía do autor,porque este monta un zoo e sería interesante que a leades.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Mi familia y otros animales

Mi familia y otros animales de Gerald Durrel vai ser o primeiro libro do noso club para o grupo de 1º e 2º de ESO. Tal como o seu nome indica está cheo de animais porque esa é a pasión tanto do narrador da historia coma do propio autor.
Corfú, unha illa grega, é o lugar no que discurre a historia. Alí imos descubrir a vida de moitos pesonaxes que fascinan ao protagonista, pero tamén plantas e insectos.
Para saber algo máis dalgúns destes bechiños, lede esta pequena presentación:


Premede AQUÍ para ler con maior comodidade.

martes, 2 de noviembre de 2010

Primeiro e Segundo día de 3º e 4º ESO no noso club :)


1º DÍA!!!!!!!!!!!!!!!!:Hoxe, día 28 de Outubro comeza o Club de Lectura Salicornia do curso 2010-2011.
Este ano cambiamos os miembros, xa sabedes, uns vanse, otros veñen... Os vell0os deixan sitio AOS novos, soese decir,non?
Pois as profes seguen sendo as mesmas, aínda que hoxe faltaba algunha. Chus, Bego e Carmen Presedo seguen estando, as duras e as maduras!
No Club de Lectura somos moitísimos, cada vez somos máis os aficionados a lectura... Esta moi ben que o podamos compartir (: Debemos de ser...mm...uns trinta! Por iso temos que facer dous grupos: por un lado, cuarto e tercero que temos a sesión os martes, e por outro primero (é a primera vez que os alumnos deste curso se poden apuntar) e segundo, eles terán as reunións os xoves. O primero grupo, o formado por cuarto e tercero comeza lendo O señor Ibrahim e as flores do Corán, un libro curtiño e sinxelo. E o segundo grupo, formado por primero e segundo comeza lendo : Mi familia y otros animales.
Como non, o primero día as profes xa nos teñen traballo xD Este ano temos que rechear unha libretiña con comentarios dos libros, dos nosos compañeros... E a mellor libreta levará un premio!(:
O primero contacto deste ano co Club de Lectura Salicornia foi un tanto frío, ou mellor dito tímido, é normal algúns aínda non saben como vai a cousa...aínda que hai otros que o saben xa de sobra.
O sitio onde celebraremos este ano as nosas reunións é moi, moi particular jaja. Temos moita intimidade xD
Colgados das cortinas temos uns carteliños todos dedicados en especial a lectura, son todos eles moi feituquiños a decir a verdade!
Hoxe comeza un novo curso no Club de Lecutura, espero que o pasedes ben e que, sobre todo leades moito que para iso é xD
Un saudo a todos-as!

2º DíA!!!!!!!!!!!!!!!!Aquí estamos, o grupo de terceiro e mais cuarto...Hoxe estamos todos. Tiñamos que leer 25 páxinas do noso libro: O señor Ibrahim e as flores do Corán.
Algúns xa o acabaron, pero outros "despistados" jajaja, aínda non leron nada.
Comezamos falando do protagonista : Momo. De como é, de onde vive, dos seus coñecidos...Momo é un neno moi maduro para a súa idade.
Carmen nos explica onde sucede toda esta historia: París.Explicannos a diferencia entre "árabe" , "musulmán" e "xudeu". Dannos a idea de facer un mapiña para distinguir os paises, así que aí o tedes xa colocado nesta entrada.
Momo define ao Señor Ibrahim como un home que "sempre foi vello", e que sempre facia o mesmo, ata que un día chegou a súa tenda unha sex-simbol francesa dos 70.
Ana nos explica que os conflictos entre as diversas culturas que se amosan no libro, non aparecen mencionados.
Como o resto dos anos as profes son as que máis falan, pero este ano (debe de ser ao ser menos), falamos mais todos-as.
Falamos da achicoria:. Bebida que se fai pola infusión da raíz tostada desta planta e que se utiliza como sucedáneo do café.
Temos que seguir lendo ata a páxina 50, ou acabalo.. que co curtiño que é non nos vai levar nada:)

Patri.

jueves, 28 de octubre de 2010

Comeza a andaina do CL Salicornia

Este curso (2010-2011) temos novos grupos, novos alumnos e alumnas, novo lugar de encontros...
O Club de Lectura Salicornia conta este ano con:

1ºA: Elena Anido Fanego, Helena Fernández Vales, Lucía Segovia Fernández, Tamara Allegue López, Aldara Comeselle Cortizas, Martín López Cagiao, Raquel Boado Pincheira.
1ºB: Carmen Valiño Álvarez
2ºA: Ángela Alage Rodríguez, Iago Pena Morado, Andrea Seijas Agra
2ºB: Antón Abuín Vilariño, Óscar Pérez Vila, Claudia Paz Vargas, Nerea Rondelo Bastida
3ºA: Tamara Bello Dopico, Alba González de Bernardo
3ºB: Carlos Bouza Castiñeira, Kathy Sagarduy
4ºA: Silvia Blanco Fraga, Patricia Freire Loureiro, Carla Rivera García, Irene Valiño Pato, Nerea López García, Alex Pérez López.

A partir de agora, deixámosvos coas novas blogueiras: Patricia e Silvia (4º A ESO) serán as que escriban as entradas para que poidades comentar. Ánimo e a ler!

martes, 15 de junio de 2010

SNIF!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Hoxe...despedimos o club:(
Despois de 9 meses compartindo lecturas e opinións, despois de viaxar , leer, contar contos, poñer palabras, gravar...despois de todo o feito este ano chega a hora da despedida:(
Xuntamonos no recreo, pero hoxe non foi na olorosa aula de usos múltiples onde este ano comenzamos a nosa aventura senon en 4ºA xa que usos múltiple estaba ocupada.
Como boa despedida, xuntamonos todos e vimos o feito este curso, unha guia fantastica que recolleu todas as nosas actividades, escoitámonos poñéndolle palabra a emigrantes, vímonos contando contos e como non...COMEMOS!unhas magdalenes boísimaas que nos fixo Bego(Gracias) e uns cacahuetes, pistachos e pinchos varios:D
Todas ás despedidas soen ser amargas, para moitos de nós era a nosa última vez, para outros a última pero só por este curso, a todos os que non vos quedades decirvos que repitades e os que non estivéstedes este ano, decirvos que vos apuntedes, que é xenial, as actividades son super entretidas e as lecturas levánse bastante ben.ANIMADEVOS!
Pois ata aquí esta aventura e ata aquí tamén a miña última entrada neste blog, non sen antes darvos as gracias, a TODOS, as profes que nos dístedes a oportunidade de participar e nos organizáchedes as fantasticas actividades, ós meus compañeiros porque sen eles non sería posible, ó colexio por permitirnos facelo, a Inés Cuadrado e a Jesús Glez pola súa visita que foi maravillosa, ós nenos e profes de As Pontes pola viaxe a Porto, ós nenos e profes da unitaria pola súa atención e por portarse tan ben con todas nós, gracias tamén a Brais que nos gravou a voz, a cara e nos axudou en todo o que lle pedimos. Isto acaba pero non deixedes de pensar que para o ano máis e millor:Dnon vos esquezades dos primeiros membros, eses que lle demos nome o club, que estaremos encantados de acompañarvos na cantidade posible de actividades maravillosas que estou segura ides ralizar.
Sen mais...Despídome de todo isto desealle moita sorte a miña/meu sucesor/sucerosa.
Mil bicos.
Marina.

lunes, 7 de junio de 2010

Temos xa as palabras!

Por fin! Aquí están xa as palabras que as salicornias puxeron ao libro de Emigrantes. Escoitádeas como despedida do club neste curso. Ata o ano que vén, salicornios-as! Bo verán e boas lecturas.


viernes, 14 de mayo de 2010

Contadoras de contos en Ombre


Chus preparou a fondo a experiencia que resultou preciosa, divertida, gratificante... para todos-as: as nenas do Club de lectura, o "enxeñeiro de imaxe e son" (Brais Chao), profes, nais (había dúas asiduas colaboradoras de Isa, a profe da unitaria)e tamén para os pequerrechos da escola.
Todos-as queremos volver. Para o ano esperamos que sexan estes pequenos os que nos veñan facer unha visita. Agora lede as palabras que nos escribiu a profe:

"Que ben que as rapazas se sentiran tan ben. Está claro que cando hai vontade de compartir ábrese un campo de benestar do que todos participamos... Cando somos capaces de facelo ben os alumnos/as valórano e disfrutan. Aquí tamén quedaron encantados e incluso, un deles quería ir ao voso instituto. Quedaron tan contentos que a palabra Miño convertiuse nun elemento significativo que xa ubicamos xeograficamente e que deu pé, co gallo das Letras Galegas e o poeta do Courel, a situar elementos xeográficos como as serras e o río Miño. Por algo os signos teñen dúas partes e unha delas claramente é a asociación que con elas facemos coa realidade. Neste caso, queda claramente asociada a un lugar non moi lonxano, do que veu a palabra, a historia e a amizade. Unha aperta grande para todos e non nos imos esquecer que temos unha cita pendente todos os anos."

domingo, 25 de abril de 2010

Estivemos en Porto, Portugal



Fomos celebrar o día do libro 2010, acompañados polo IES Castro da uz de As Pontes.
Ao noso parecer, todos quedamos realmente contentos coa viaxe xa que, aínda sendo tan lonxe, non resultou nada pesada, agás por algúns “pequenos imprevistos”, pero como son tan pequenos... só vos imos contar un: o da famosa “RAMPA” (en fonética portuguesa: “a gampa”). Era en realidade unha encosta xigantesca, moi moi moi pendente, que tivemos que subir despois dunha longa e esgotadora camiñata nocturna pola Ribeira de Porto. Hai que dicir que algúns estamos aquí de milagre xa que case morremos no intento... Suamos sangue para chegar ao cume da “gampa”! XD

Ben, pois o dito. Agás ese pequeno, e sen importancia, incidente que NUNCA esqueceremos e algún que outro máis como estar volta para aquí, volta para alá no bus para atopar o hotel, perdernos e ter que camiñar máis da conta para “atoparnos” ... e darlles algún que outro disgustiño nocturno ás profes... jejeje..., todo foi de marabilla. Vimos a preciosa estación de San Bento e tomamos algo na Praça da Ribeira. E a noite... que noite!!!

Á mañá seguinte, durmíndonos polas esquinas, fomos ao que iamos: LER. Chegamos á preciosa libraría Lello e irmao e non puidemos entrar os 54 que iamos porque como era o día do libro, aquilo era un non parar de xente entrando e saíndo, facendo fotos, comprando, lendo... IMAXINADE!

Pero conseguímolo. Lemos en dúas tandas, serios, traballando, calados e escoitando ao lector de turno. Vivimos esa fantástica experiencia e de aí saíron palabras fermosas que deron lugar ao xenial poema creado por todos nós, con moito esforzo, moitos berros, algún cabreo para que o fixeramos mellor e MOITO SONO (sobre todo iso, pero as profes non nos deixaron durmir nin 5 segundos!) na viaxe de volta. Comentámosvos que o poema o rematamos nós, Andrea e Marina, xusto xusto xusto á entrada de Miño!!! Xusto a tempo. E alí todos aplaudimos cando Chelo o leu en voz alta polo micro.
Con todo isto queremos dicirvos que vos animedes a participar nesta saída, se as profes están dispostas a repetir, jeje, que non desaproveitedes esta marabillosa oportunidade de ver tantas cousas, de pasalo ben, de facer unha lectura e un poema entre todos, de coñecer outros rapaces...

BICOS de Marina e Andrea

sábado, 27 de marzo de 2010

Un "glog" sobre Shaun Tan

Podedes entrar aquí para ler información sobre Shaun Tan e aprender a facer un bonito cartel no que podedes colgar de todo: fotos, textos, imaxes, vídeos... Para isto só tedes que entrar en GLOGSTER na parte superior esquerda e ... fedellar con calma. O programa é moi fácil e intuitivo.

martes, 23 de marzo de 2010

Gravamos e formamos unha familia!!!


Hoxe Salicornia fai turismo e baixa ata a biblioteca e, para comezar esta nova aventura como lecto-escritoras, fixémolo dunha maneira moi particular: non só lle poñeremos palabras a Emigrantes, senón que tamén aportaremos cada unha de nós unha voz. Tivemos uns pequenos problemiñas co son pero nada que non se poida amañar. A verdade é que o fixemos un pouquiño rápido e non profundizamos demasiado no que din esas espectaculares imaxes de Shaun Tan pero eu estou convencida de que foi cousa dos nervios... todas mirando o que dis e ti só queres acabar e ver como o fan as demais... Sei que o próximo día o faremos moito mellor e que de aquí sairá unha desas experiencias para non esquecer.

Ademais a nosa aventura como "Familia de contacontos" segue en pé; non creades que a cambiamos por Emigrantes, non non non...somos polifacéticos e podemos con isto e moito máis. Hoxe Chus díxonos que iamos ser unha pequena "familia", cun "apelido" moi particular que cada un debe pensar e escoller: unha rima co noso nome, por suposto relacionada co contacontos. Xa vos diremos como nos imos chamar!!!

Pois isto foi todo por hoxe, o último día de Salicornia na segunda avaliación, cada vez queda menos: o verán, as vacacións, a praia, o sol...todo iso está cada vez máis preto, pero para nós tamén as despedidas, incluída a do Clube, pero eu persoalmente non deixarei de pasarme polo blog para ver como o fai a miña ou meu sucesor/a :D

Un bico a todos e grazas por lernos unha avaliación máis.
Marina.

viernes, 19 de marzo de 2010

Unha páxina para ler

Nesta páxina podedes ler e ver moitos libros da editorial Bárbara Fiore. Entrade! Paga a pena!

jueves, 18 de marzo de 2010

Outro libro no Club


Unha imaxe do libro por dentro. A que seriades capaces de poñerlle palabras ás imaxes? Pois intentádeo.

Comenzamos unha nova aventura, algo diferente co que vexo que imos aprender a vez que reflexionar.Trátase dun libro sen palabras, un libro con imaxes que a cada persoa lle vai espertar un sentimento diferente, a algúns cambiaranos a forma de pensar, a outros axudaranos a valorar o que os nosos antepasados fixeron por nós, e incluso a algúns lles será indiferente, triste pero certo. Trátase dun deses libros que vale a pena ver, coa particularidade de que é capaz de trasmitirche sen palabras o que outros non conseguen con 200 follas. Simplemente o título xa nos fai pensar, Emigrantes, e cando abrimos a primeira páxina entramos de cheo nesa historia que cada un vai interpretar...Non sabemos moi ben como sairá isto pero o que si sei é que o afrontamos con moita ilusión, eu polo menos xa que o primeiro contacto foi impactante, símbolos, bágoas, xestos... o claro exemplo de que hai veces que unha imaxen transmite iso que nunca conseguiría unha palabra.
Veremos como continúa esta aventura na que nos ímos enrolar pois vai consistir en sesións de gravación na biblio xa que NÓS POÑEREMOS AS PALABRAS A EMIGRANTES... manterémosvos informados jeje
un bico:)
Marina!!

martes, 9 de marzo de 2010


Novamente a nosa reunión convertese nunha sesión de contacontos! Chus volvenos recitar contos, hai de todo, presentacións, interpretacions, paneis...DE TODO!:)
Despois de moito cavilar xa temos unha selección dos contos que contaremos cando vaiamos a unitaria de Ombre:
Andrea e Marina: Paco.
Patricia e Silvia: ¿A que sabe la luna?
Luisa: Unha manchea de bicos.
Sara: Los tres cerditos.
Cristina e Laura: El castillo.
Carla e Patricia: O flautista de Amelie.
Noemi, Verónica e Maria Jose: Adiviñas.
Marina
AGORA A PREPARALOS BEN!

jueves, 4 de marzo de 2010

HOXE, sorpresiña!


Como prontiño, prontiño imos ir a Ombre, como xa sabedes, a facerlles de contacontos aos nenos da unitaria, Chus, fixo hoxe de contacontos e deunos uns pequenos consellos!
Hai que ver canto traballou a pobre, ten cousas montadas para acompañar os contos...preciosas!!Dende un libro que se converte nun castelo ata un conto contado a partir dunha pulseira, sí, como o ledes, impresionante!
Tamèn cabe destacar a soltura, naturalidade e experiencia que ten contando contos, paga a pega escoitala!
Agora só temos que escoller un conto e tratar de contalo, non o faremos como Chus, pero sí, teremos os elementos para conquistar a eses pequerrechos.
Pois iso...Moitas grazas, Chus!
Marina!

lunes, 1 de marzo de 2010

LIBRARÍA LELLO E IRMAO EN PORTO




Esta é a fermosísima libraría na que faremos a lectura colectiva para celebrar o día do libro. Recordade que, despois de ler os 3 minutos que vos corresponderán a cada un de vós, tedes que escoller unha palabra, escribila no panel que teremos colocado e despois, no autobús de volta á casa, teredes que compoñer un verso coa vosa palabra integrándoo no poema que vaiamos facendo entre todos. Procurade buscar palabras bonitas no voso texto para que quede un poema interesante, chulo, bonito, ben construído, intelixente, agradable, literario, orixinal... para disfrutarmos todos del. Non esquezades tampouco que colocaremos os paneis (palabras, poema e debuxo) no cole para seguir adornando as paredes cos vosos traballos.

sábado, 13 de febrero de 2010

Outra preciosidade de Shaun Tan

Ademais de Emigrantes, que será o próximo libro que "LEAMOS" entre todos, o autor ten estoutra marabilla. Mirádeo con calma.

martes, 9 de febrero de 2010

Preparando a nova actividade


Un novo día no club de lectura! Hoxe non nos reunimos na “olorosa aula de usos multiples” senón que baixamos ata a clases de infantil de 5 anos para aprender como se conta un conto aos nenos pequerrechiños!! Porque… dentro de pouco –esperamos- iremos nós a facer o mesmo á escola de Ombre. A súa mestra, Saleta, é quen o conta mentres nós escachamos coa risa!! Son moi cuquiños! =) Os nenos estan moi contentos xa que lles encantan os debuxos do conto: unha Carapuchiña Vermella algo especial... Comezan pechando a boca coa chave que teñen gardada no peto do mandilón. E despois a mestra engáñaos coas cores, coa avoa e co lobo. Pero eles, que coñecen ben o conto, non tragan as mentiras. Saben que a carapuchiña é vermella, que a quen a nena vai ver é a avoa e que o animal que aparece no bosque é un lobo e NON unha xirafa –como aparece no conto-.
Ó final, comézalles a facer unhas cantas preguntiñas sobre o conto..e parece que estiveron moi atentos porque non faian nin unha! E hala! Todos para os seus sitios e a seguir traballando no que estaban!! Que obedientes! Non se parecen nada a nós, verdade? Jajaja… Non só os nenos o pasaron ben, tamén nós pasamos un anaco divertidísimo!! Esperamos volver pronto e pasalo tan ben como hoxe e ter aprendido a contar ou ler un conto aos pequechos!

Biquiños! Andrea e Fani =)

lunes, 8 de febrero de 2010

NOVO LIBRO


Pronto comezaremos un novo libro no club, así que bulide para rematar O clan do oso cavernario. Esta vez faremos algo diferente!!! Esperamos que resulte divertido e interesante.
Na imaxe tedes o libro que "LEREMOS" entre todos-as.

PREPARANDO A ACTIVIDADE DO BIBLIOBÚS


O martes 9 de febreiro non esquezades que imos á clase de Saleta para aprendermos a contar contos aos pequechos. Pronto iremos facerlles unha visita aos neniños da unitaria de Ombre e hai que coñecer "truquiños" para que se enganchen no que lles imos contar e ler.

lunes, 1 de febrero de 2010

E dálle coas broncas!


Hoxe por fin a esperada bronca!! por fin todos aqueles que non pisaban a olorosa aula de usos multiples dignaronse a recoñecer que non queren formar parte do magnífico club que temos montado e deixaron a porta aberta a novos membros. Así que marcharon 5 e ingresaron 4... quedamos case como estabamos, pero agora espero que sexamos máis serios!!!

Despois..todo coma sempre..comentamos o libro,uns lerono..outros non ..pero bueno..a charla estivo ben e:
Unha magnifica novidade...IMOS REALIZAR UNHA NOVA ACTIVIVADE: UN BIBLIOBUS!!!co colexio de Ombre...seleccionaremos libros levarmosllos,comentaremosllos,deixaremosllos alí e volveremos a por outros o cabo dun tempiño..pareceme algo fascinante!!participar tan de cheo con eses pequerrechiños (son 15 nenos entre 4 e 8 anos) que estou segura que lles encantará a nosa visita...:)
un bico!ata a semana que vén! Que prometemos contar máis cousas do libro. A ver se desta vez vai todo en serio.

marinA!

miércoles, 13 de enero de 2010

REUNIÓN POST VACACIONAL e vai de bronca!


Bueno pois unha vez mas,unha evaluacion máis...UN ANO MAIS(feliz ano a todos)reunimonos aquí,na olorosa aula de usos multiples para comentar os 6 primeiros capitulos de"El clan del oso cabernario"parece que de momento non ten moito exito...só unha persoa leu ós 6 capitulos(moi ben patricia os demais...asi mal imos)e Andrea quedaouse no 5...ben temén..os demais...somos un desastriño!jeje despois destas confesións sobre o que deberiamos facer pero non fixemos jeje comentamos un pouquillo a vida nestes tempos...vida totalmente diferente a nosa,Andrea en total desacordo...Carmen fixo uns papeliños preciosos con fragmentos moi bonitos do libro que ela xa acabo despois de estar onte hasta as 4 de mañá(eso sería porque lle gustou:)preguntamonos sobre a forma de comunicarse...por sons xestos...Tamen falamos do taller que imos ter o luns..que ganas..non vos esquezades por nada do mundo do que tedes que traer:CARTABON,ESCUADRA,LAPIZ,GOMA e ROTULADOR NEGRO!!!!!!!!Por certo...aprobeito que me toca escribir para decirvos a toda esas persoas que PASADES DE TODO e non ides nin un só día as reunións(dudo moito que leades isto)que xa vos vale,que houbo xente que se quedou sen ir par aque agora veñades vos e pasedes de todo..isto vai cambiar,que o sepades todos...non vale esta só para perder clase:(e despois desta...opinión persoal jeje só dicirvos que leades moito que o martes que ven...máis e mellor!

marina!

domingo, 10 de enero de 2010

TROCO DE LIBROS


Entra en BookMooch, que é unha comunidade virtual para intercambiar libros usados. Nela podes entregar libros que xa non necesitas a cambio daqueles que queres. Dar e recibir, esa é a clave. Cada vez que lle dás un libro a alguén, gañas UN PUNTO e podes obter outros libros. E se non queres os puntos, podes doalos a organizacións solidarias que reparten libros en hospitais de nenos, a bibliotecas con poucos recursos, a países onde os libros son difíciles de atopar...

viernes, 8 de enero de 2010

2010 LECTOR!!!


Declarado pola Xunta de Galicia como o ano do libro e da lectura. Aquí vos deixo o programa das actuacións que coinciden coa celebración do Xacobeo. Lédeo, hai cousas que prometen, como a creación dunha biblioteca de contos creados por escolares, que se editarán e conservarán nun lugar específico; tamén parece que por fin se abre a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela; realizaranse, en trinta concellos polos que transcorren os nove camiños que levan a Santiago, os "Camiños de mar e lúa" que consistirán en trinta espectáculos de poesía e música, de maio a xuño; e outros proxectos como a "Noite dos libros" ou "Libros sobre rodas".