martes, 23 de marzo de 2010

Gravamos e formamos unha familia!!!


Hoxe Salicornia fai turismo e baixa ata a biblioteca e, para comezar esta nova aventura como lecto-escritoras, fixémolo dunha maneira moi particular: non só lle poñeremos palabras a Emigrantes, senón que tamén aportaremos cada unha de nós unha voz. Tivemos uns pequenos problemiñas co son pero nada que non se poida amañar. A verdade é que o fixemos un pouquiño rápido e non profundizamos demasiado no que din esas espectaculares imaxes de Shaun Tan pero eu estou convencida de que foi cousa dos nervios... todas mirando o que dis e ti só queres acabar e ver como o fan as demais... Sei que o próximo día o faremos moito mellor e que de aquí sairá unha desas experiencias para non esquecer.

Ademais a nosa aventura como "Familia de contacontos" segue en pé; non creades que a cambiamos por Emigrantes, non non non...somos polifacéticos e podemos con isto e moito máis. Hoxe Chus díxonos que iamos ser unha pequena "familia", cun "apelido" moi particular que cada un debe pensar e escoller: unha rima co noso nome, por suposto relacionada co contacontos. Xa vos diremos como nos imos chamar!!!

Pois isto foi todo por hoxe, o último día de Salicornia na segunda avaliación, cada vez queda menos: o verán, as vacacións, a praia, o sol...todo iso está cada vez máis preto, pero para nós tamén as despedidas, incluída a do Clube, pero eu persoalmente non deixarei de pasarme polo blog para ver como o fai a miña ou meu sucesor/a :D

Un bico a todos e grazas por lernos unha avaliación máis.
Marina.

No hay comentarios: