Esta é a fermosísima libraría na que faremos a lectura colectiva para celebrar o día do libro. Recordade que, despois de ler os 3 minutos que vos corresponderán a cada un de vós, tedes que escoller unha palabra, escribila no panel que teremos colocado e despois, no autobús de volta á casa, teredes que compoñer un verso coa vosa palabra integrándoo no poema que vaiamos facendo entre todos. Procurade buscar palabras bonitas no voso texto para que quede un poema interesante, chulo, bonito, ben construído, intelixente, agradable, literario, orixinal... para disfrutarmos todos del. Non esquezades tampouco que colocaremos os paneis (palabras, poema e debuxo) no cole para seguir adornando as paredes cos vosos traballos.
1 comentario:
Que bonita a libraría! Esa fachada é unha invitación a mergullarse en calquera historia.Vai ser unha experiencia preciosa.
Carmen
Publicar un comentario