martes, 9 de noviembre de 2010

Segundo día de 3º e 4º



Hoxe tibemos que cambiar o noso lugar de reunións, estaba ocupado !!
A maioría dos compoñentes xa acabamos o libro e todos temos algo que dicir... do final sobre todo. E de Popol, que uns decatanse porque él existe que é un fillo ue tivo o pai conoutra muller e o resto dí que non existe.
Comentamos tamén unha liña do libro que é moi fermosa, e fala dos bailes que facían o Señor Ibrahim e Momo no seu viaxe... nese fragmento ensinalle a facer unha viaxe a dentro de si mesmo... Momo cambia de relixión ao final, ao final transformase no árabe da rúa, que pode ser nos dous sentidos: tenda aberta, e a relixión.
Ana dinos que as flores do Corán teñen tamén un sentido espiritual.
Nerea dinos que non lle gustou nada o final, porque acaba coa morte do Señor Ibrahim, e así desvelamoslle "sen querer" o final a Silvia que estaba a piques de rematalo.O balance da vida da do Señor Ibrahim é positivo, viviu a súa vida sempre cun soriso.E foi outro dos mensaxes educativos deste.
"Voume reunir coa inmensidade" son unhas das últimas palabras do Señor Ibrahim, algún din que se vai reunir coa súa muller, e coas persoas que él quixo, e que unha persoa non morre mentres alguén a siga pensando e recordando.
En xeral o libro gustou bastante, algúns como Ana queixanse do tamaño (o libro é bastante pequeno). Bego quere buscar a peli para que a vexamos todos.

Patri 4ºA

No hay comentarios: