martes, 15 de junio de 2010

SNIF!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Hoxe...despedimos o club:(
Despois de 9 meses compartindo lecturas e opinións, despois de viaxar , leer, contar contos, poñer palabras, gravar...despois de todo o feito este ano chega a hora da despedida:(
Xuntamonos no recreo, pero hoxe non foi na olorosa aula de usos múltiples onde este ano comenzamos a nosa aventura senon en 4ºA xa que usos múltiple estaba ocupada.
Como boa despedida, xuntamonos todos e vimos o feito este curso, unha guia fantastica que recolleu todas as nosas actividades, escoitámonos poñéndolle palabra a emigrantes, vímonos contando contos e como non...COMEMOS!unhas magdalenes boísimaas que nos fixo Bego(Gracias) e uns cacahuetes, pistachos e pinchos varios:D
Todas ás despedidas soen ser amargas, para moitos de nós era a nosa última vez, para outros a última pero só por este curso, a todos os que non vos quedades decirvos que repitades e os que non estivéstedes este ano, decirvos que vos apuntedes, que é xenial, as actividades son super entretidas e as lecturas levánse bastante ben.ANIMADEVOS!
Pois ata aquí esta aventura e ata aquí tamén a miña última entrada neste blog, non sen antes darvos as gracias, a TODOS, as profes que nos dístedes a oportunidade de participar e nos organizáchedes as fantasticas actividades, ós meus compañeiros porque sen eles non sería posible, ó colexio por permitirnos facelo, a Inés Cuadrado e a Jesús Glez pola súa visita que foi maravillosa, ós nenos e profes de As Pontes pola viaxe a Porto, ós nenos e profes da unitaria pola súa atención e por portarse tan ben con todas nós, gracias tamén a Brais que nos gravou a voz, a cara e nos axudou en todo o que lle pedimos. Isto acaba pero non deixedes de pensar que para o ano máis e millor:Dnon vos esquezades dos primeiros membros, eses que lle demos nome o club, que estaremos encantados de acompañarvos na cantidade posible de actividades maravillosas que estou segura ides ralizar.
Sen mais...Despídome de todo isto desealle moita sorte a miña/meu sucesor/sucerosa.
Mil bicos.
Marina.

No hay comentarios: