domingo, 25 de abril de 2010

Estivemos en Porto, Portugal



Fomos celebrar o día do libro 2010, acompañados polo IES Castro da uz de As Pontes.
Ao noso parecer, todos quedamos realmente contentos coa viaxe xa que, aínda sendo tan lonxe, non resultou nada pesada, agás por algúns “pequenos imprevistos”, pero como son tan pequenos... só vos imos contar un: o da famosa “RAMPA” (en fonética portuguesa: “a gampa”). Era en realidade unha encosta xigantesca, moi moi moi pendente, que tivemos que subir despois dunha longa e esgotadora camiñata nocturna pola Ribeira de Porto. Hai que dicir que algúns estamos aquí de milagre xa que case morremos no intento... Suamos sangue para chegar ao cume da “gampa”! XD

Ben, pois o dito. Agás ese pequeno, e sen importancia, incidente que NUNCA esqueceremos e algún que outro máis como estar volta para aquí, volta para alá no bus para atopar o hotel, perdernos e ter que camiñar máis da conta para “atoparnos” ... e darlles algún que outro disgustiño nocturno ás profes... jejeje..., todo foi de marabilla. Vimos a preciosa estación de San Bento e tomamos algo na Praça da Ribeira. E a noite... que noite!!!

Á mañá seguinte, durmíndonos polas esquinas, fomos ao que iamos: LER. Chegamos á preciosa libraría Lello e irmao e non puidemos entrar os 54 que iamos porque como era o día do libro, aquilo era un non parar de xente entrando e saíndo, facendo fotos, comprando, lendo... IMAXINADE!

Pero conseguímolo. Lemos en dúas tandas, serios, traballando, calados e escoitando ao lector de turno. Vivimos esa fantástica experiencia e de aí saíron palabras fermosas que deron lugar ao xenial poema creado por todos nós, con moito esforzo, moitos berros, algún cabreo para que o fixeramos mellor e MOITO SONO (sobre todo iso, pero as profes non nos deixaron durmir nin 5 segundos!) na viaxe de volta. Comentámosvos que o poema o rematamos nós, Andrea e Marina, xusto xusto xusto á entrada de Miño!!! Xusto a tempo. E alí todos aplaudimos cando Chelo o leu en voz alta polo micro.
Con todo isto queremos dicirvos que vos animedes a participar nesta saída, se as profes están dispostas a repetir, jeje, que non desaproveitedes esta marabillosa oportunidade de ver tantas cousas, de pasalo ben, de facer unha lectura e un poema entre todos, de coñecer outros rapaces...

BICOS de Marina e Andrea

No hay comentarios: