sábado, 5 de febrero de 2011

Uns poemas recitados


Escoitade estas marabillas recitadas do libro que estades a ler no CL de 3º e 4º. Dous son da derradeira parte de Makinaria e realmente neles está a mensaxe que Carlos Negro quere enviarnos co seu libro. Só tedes que pensar en que unha porcentaxe moi grande de xoves perden a súa vida nas estradas nos fins de semana...
Escoitádeos aquí ("Game over") e aquí ("Mamá Carme") con atención. Paga a pena! (Sabedes quen recita?) (Podédelos ler aquí o de Mamá Carme e aquí o de Game over, á vez que escoitades).
Tamén podedes ler os que recitaron Diego, Fer e Miguel Forcelledo para vós no club de lectura do venres. (Subirémolos a este blog cando os gravemos para que os escoitedes xa que se esforzaron moito para recitalos ben).

6 comentarios:

Helena dijo...

Bego, dame medo a voz da muller ! Jajaja

Anónimo dijo...

Dá medo, si, dá medo
a imposibilidade de dar marcha atrás e de ter unha segunda oportunidade
a imposibilidade de pasar dos 18 o 20 anos
a imposibilidade de disfrutar da vida..
Dá medo, sí, dá medo
a voz da morte que chama aos máis novos.

(Grazas a quen puxo esta voz tan marabillosa ¿aínda non a identificades?)
Carmen

Anónimo dijo...

A muller é Edita, faino moi ben, pero a verdade é que eu tamén pasei medo jaja.
Carla :)

Anónimo dijo...

Pero se recita moi ben... ten que poñerlle sentimento!

Irene Valiño.

A muller que mete medo dijo...

Moitas grazas.

Jack dijo...

Dame medo si , pero recita moi ben !

Tamara :)