viernes, 25 de febrero de 2011

Como nos ven os extraterrestres aos terrícolas


Así nos ven os habitantes doutras galaxias:

“Os seres humanos, a semellanza dos insectos, atravesan por tres fases ou etapas de desenvolvemento, se o tempo o permite. Aos que están na primeira etapa denomínaselles nenos; aos da segunda, currantes; e aos da terceira, xubilados. Os nenos fan o que se lles manda; os currantes, tamén, pero son retribuídos por iso; os xubilados tamén perciben cartos pero non se lles deixa facer nada porque o seu pulso non é firme e soen deixar caer as cousas das mans, agás o caxato e o xornal. Tamén hai unha cuarta etapa ou condición, non retribuída, que é a de fiambre, e da que máis vale non falar”.

“Primeiro contacto con habitante da zona. Datos: tamaño do ente, 170 cm.; perímetro craneal, 57 cm. ; número de olos: dous; lonxitude do rabo, 0.00 cm. (carece del). O ente comunícase cunha linguaxe de gran simplicidade estrutural, pero de moi complexa sonoarización, pois debe artellarse mediante o uso de órganos internos. Conceptualización escasísima”.

“Falan, longamente e a berros, con acompañamento de acenos e xestos horribles. Aínda así, a súa capacidade de expresión é limitadísima, agás no terreo da blasfemia e a palabra soez, e nas súas alocucións abondan as anfiboloxías, os anacolutos e as polisemias”.

“Non hai en todo o Universo chapuza máis grande nin trasto peor feito có corpo humano. Só as orellas pegadas ao cráneo de calquera modo, xa bastarían para descalificalo. Os pés son ridículos; as tripas, noxentas. Todas as caveiras teñen unha cara de risa que non vén a conto. De todo iso os humanos só son culpables ata certo punto. A verdade é que tiveron mala sorte coa evolución”.

NON SAÍMOS MOI BEN PARADOS, VERDADE?

No hay comentarios: