sábado, 14 de febrero de 2009



Ben, ola "salicornios e salicornias", hoxe falamos do final e soltei a miña pregunta relacionada co tema da vinganza. Como a contestación foi afirmativa, é dicir, todos e todas pensades que ás veces a vinganza é necesaria, gustaríame que comentasedes por que ou en que casos vos parece positiva. ¿Non pensades que é mellor non facerlle a unha persoa o mesmo -ou peor- dano que ela fixo? Non sei... parece un sentimento máis de rancor que de xustiza, ¿non si?, máis de odio que de resarcimento... ???

Grazas, Marga, por darnos a idea de coñecer a biografía da autora. Eu vouna buscar e ler. Despois xa vos contarei.
Begoña.

1 comentario:

Pastelería A Rosa dijo...

"ánimo compañeiros!" (como empezaba aquel poema de Rosalía) , gustame esa idea de facer un club de lectura no centro! pena que xa non esteña eu para velo. . . :( pero dende santiago intentarei participar , ainda que non moi activamente, e por suposto de maneira on-line, nese clube. Un grandioso bico a todos, "corazóns!"