sábado, 21 de febrero de 2009


O día 5 de marzo virá a Tropa de trapo a Miño para presentarnos os seus contos da HORA AZUL e facer un taller de actividades. Alí coñeceredes tamén aos membros do club de lectura das Mariñas. Probablemente nos acompañarán outros alumnos-as ata facer un número axeitado para a sesión. Esperamos que o pasedes ben. Queda un enlace para que poidades ver a Marta e a Brais, os contacontos da Tropa.
http://tropadetrapo.blogaliza.org/

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa estivemos con eles e foi unha mañá "máxica", como a cualificamos moitos dos que estivemos alí. Non só rimos, senón que aprendemos, escoitamos, xogamos, interpretamos e escoitamos palabras e música preciosas. ¡Grazas, Tropa de trapo, polo día!