miércoles, 11 de marzo de 2009

CONTAMOS CONTOS COA TROPA DE TRAPO

A tropa de trapo engaiolounos coas súas voces doces e cercanas e os seus contos de inspiración tan distinta (Chan de Brito -¿escribirase así?- é como calquera das nosas aldeas e os seus habitantes como calquera dos nosos veciños, coma nós mesmos. O deserto é un mundo moito máis lonxano que, sen embargo, chegou doadamente a nós).
Algo aprendemos de mirar ao que escoita, de buscar camiños para continuar as historias, de facer nosos os contos que xa sabemos e de debullar a nosa imaxinación.
E sí, tamén fomos quen de tecer, coa axuda duns mulidos novelos, os nosos propios contos, nos que un caracol e unha volvoreta azul foron os protagonistas.
Que fermoso o oficio de contacontos! Non sí?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Unha experiencia moi interesante, que, oxalá POIDAMOS REPETIR.