martes, 27 de octubre de 2009

terceiro dia no club!!!

Un novo día no club de lectura e, para variar(...) falta moitisima xente...¡¡¡pois peor para eles!!!xa que hoxe aproveitamos para comer as galletas que deixamos o outro día sen comer..mm..que boas estan..!!!Foronse alguns nenos..pero apuntouse xente nova!!!Bueno, seguimos, para non perder tempo,falando do libro.As mestras opinan que a partir de agora vainos enganchar..!!uuhh jajaja...

As mestras discrepan entre elas, xa que teñen visións diferentes sobre a aparición no libro do asasino das Horas. Carme expresa a súa opinion sobre os capítulos lidos, en diferentes puntos de vista...e como podedes ver os nenos nin mu!!jaja

Hai unha nena (anónima..jaja) que lendo o tercer capitulo emocionuse..aver si vai ser certo que este libro e digno de ler!!:D

un biko...Andrea e Sara.
¡Animádevos a escribir, un blog faise entre TODOS-AS!

martes, 20 de octubre de 2009

segundo dia no club...!!!

Comezamos comentando os capitulos lidos ata o momento, os dous primeiros, (Patricia chega tarde, pero e que Brais ainda máis ...bego vaise ó telefono....) coma sempre Carme fainos preguntas para facernos entender mellor a lectura, as nenas deben ter vergoña ou algo asi porque non falan nin pa tras!!...seguimos lendo as frases que escollimos... concidimos case todos nas frases....(Bego volve...) As mestras relacionan o libro co cine xa que se describen esceas moi cinematograficas...Falamos sobre a nena que lle canta á lúa no patio do seu edificio, o que fai que a relacion entre os veciños cambie... Comentamos que Antonio Machado está na banda dos "rojos" na guerra civil e falamos disto para tocar o tema das últimas cinco palabras (misterio, misterio, ¿cales serán?) que o poeta dixo antes de morrer. (Bego botalle bronca ás nenas porque non fan nada, so rir entre elas..)... ó final do capitulo dous aparece un irmán xemelgo do veciño, do traductor de Bagdad, estes tiran unha bolsiña na papeleira, o protagonista intrígase... esta contiña dúas balas.. E ata aquí chegamos, acabouse por hoxe!!
Para o próximo martes, leremos os dous capítulos seguintes.

un bikiño:D Sara e Marina.

martes, 13 de octubre de 2009

Un bonito debuxo


Para mergullarse nos libros, realizado por unha lectora do IES Río Cabe.

O noso primeiro dia no club!

Comenzamos cos agasallos que nos ofreceron as profes: comer boisimas galletas, coca cola....Logo, falamos de como vai ser o club de lectura deste ano, levamos fichas sobre o libro que imos ler (o libro chamase "Zara y el librero de bagdad",Fernando Marías). Ainda non se sabe se imos facer dous grupos ou que sexamos un grande, creo que será isto último porque todos queremos estar xuntos... Unha das actividades previstas é recoller unha frase que nos chamase a atención do libro, e escribir outras actividades propostas por nós.Quedamos en ler os dous primeiros capitulos, Ana!!!acordate!!:E vos tampouco vos esquezades de facer o que nos mandaron... que nos coñecemos!


O martes que vén comentaremos o lido....
Un bico! Sara.

martes, 6 de octubre de 2009

PRIMEIRA REUNIÓN DE SALICORNIOS-AS


O martes, 13 (que día!)teremos a primeira reunión. Entregarémosvos a primeira lectura deste curso (Zara y el librero de Bagdad) e comentaremos as posibles e previstas actividades do club neste curso. Como sempre, haberá unha sorpresiña... ¿Que será, será?

lunes, 5 de octubre de 2009

COUSAS SOBRE ZARA E O LIBREIRO DE BAGDAD







¿QUE ATOPAREMOS NO LIBRO ZARA E O LIBREIRO DE BAGDAD?

-Pois... a Antonio Machado, autor da Xeración do 98, e as súas derradeiras palabras gardadas no peto dun abrigo.
-Tamén aparece no libro un actor: Spencer Tracy, gañador de varios premios, o eterno compañeiro de Katharine Hepburn.
-Similitudes entre a guerra civil e o levantamento do 2 de maio de 1808, pintado por Goya co título de "Os fusilamentos do 3 de maio".
-A invasión de Iraq de 2003.
-A guerra civil española (1936-1939) e diversos acontecementos como o bombardeo de Guernica (cadro de Picasso)
-Referencias á primeira novela escrita por Benito Pérez Galdós (representante do Realismo español do XIX): La fontana de oro.