martes, 20 de octubre de 2009

segundo dia no club...!!!

Comezamos comentando os capitulos lidos ata o momento, os dous primeiros, (Patricia chega tarde, pero e que Brais ainda máis ...bego vaise ó telefono....) coma sempre Carme fainos preguntas para facernos entender mellor a lectura, as nenas deben ter vergoña ou algo asi porque non falan nin pa tras!!...seguimos lendo as frases que escollimos... concidimos case todos nas frases....(Bego volve...) As mestras relacionan o libro co cine xa que se describen esceas moi cinematograficas...Falamos sobre a nena que lle canta á lúa no patio do seu edificio, o que fai que a relacion entre os veciños cambie... Comentamos que Antonio Machado está na banda dos "rojos" na guerra civil e falamos disto para tocar o tema das últimas cinco palabras (misterio, misterio, ¿cales serán?) que o poeta dixo antes de morrer. (Bego botalle bronca ás nenas porque non fan nada, so rir entre elas..)... ó final do capitulo dous aparece un irmán xemelgo do veciño, do traductor de Bagdad, estes tiran unha bolsiña na papeleira, o protagonista intrígase... esta contiña dúas balas.. E ata aquí chegamos, acabouse por hoxe!!
Para o próximo martes, leremos os dous capítulos seguintes.

un bikiño:D Sara e Marina.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ben, ben, ides mellorando, pero... hai que esforzarse algo máis para que todos-as os que entren no blog se fagan unha idea do libro que estamos a ler, en especial os que nos "seguen" virtualmente.
Un bico. :-)
Begoña

Anónimo dijo...

Noraboa pola crónica de hoxe, talmente como se estivera ahí.
Talmente non, porque non lin os dous capitulos, así que para a semana que ven teño sesión doble, parece interesante, non?
Bicos para todos

Ana

Anónimo dijo...

Visto así parece que andamos a salto de mata (ou de salicornia, que para iso estamos nas marismas de Miño), pero xa iremos atopando o camiño ¿non si?
Carmen