martes, 31 de mayo de 2011

Dos avós aos nenos

Despois da experiencia cos avós de Laraxe, tivemos un encontro cos nenos de Ombre. Acompañados pola súa profe, Isabel, por catro nais e dous avós, estiveron no noso cole onde María Méndez lles falou da Prehistoria e ensinoulles a nosa cova. Entre ela e Chus axudáronlles a pintar e deixar a súa pegada nas paredes da cova. Despois os nenos e nenas presentáronnos unha actividade relacionada cos romanos na que vimos todo o traballiño que había detrás, todo o que aprenderan, o que sabían e o ben que o pasan coa súa profe.
Un bico a tod@s e ata o ano que vén!

lunes, 30 de mayo de 2011

VISITA AOS AVÓS DO CENTRO DE MAIORES DE LARAXE

Foi emocionante a experiencia no Centro de Maiores de Laraxe. Case todos choraron! Os maiores foron moi agradecidos e lles gustou a nosa visita. O que máis me gustou foi o final: os avós cantaron e bailaron connosco! Puxéronnos pinchos e todo! En definitiva: PARA REPETIR!!! :)

Estas son as palabras de Andrea Piñeiro que reflicte o sentir de todos os participantes na actividade que o Club de Lectura realizou no Centro de Maiores de Laraxe o pasado 24 de Maio.

Falamos da escola e antes e de agora, representamos unha pequena comedia, contamos contos, recitamos, emocionámonos cos avós e cantamos e bailamos con eles.

Foi unha moi boa experiencia.

E aquí tedes A CARTA AOS MEUS AVÓS que Silvia Blanco ecribiu e leu e que supoño que todos nós poderiamos dedicar aos nósos maiores:

CARTA AOS MEUS AVÓS
Dende o 21 de novembro de 1995,
data na que eu nacín, sempre estivestes aí:
nos meus primeiros pasos,
preparando as miñas primeiras comidas,
vendo caer os meus primeiros dentes....
Fostes case os primeiros en collerme no colo
e eu fun a máis experta coñecedora das vosas apertas,
agarimos e bicos.
Que orgullosos estabades de pasear á vosa meniña,
de coidala, vestila, peiteala...!
Déstesme todo o cariño do mundo!
Seredes como todos os demais avós, claro,
pero para min sodes ÚNICOS!
Moitos de nós debévosvos todo o que somos
porque nos educastes,
acompañástes ,
quixéstesnos e déstesnos calor,
coidástenos...
E todo iso non se pode agradecer só
con simples palabras.
Eu quero agradecérvolo
sempre cos meus bicos
e con todo o cariño
que poida darvos.

GRAZAS, AVÓS!

A vosa neta, Silvia.

martes, 10 de mayo de 2011

Día do libro en Ourense lendo o Principiño


Para celebrar o día do libro O Club de Lectura Salicornia desprazouse ata Ourense acompañado por alumnos e profesoras do IES Castro da Uz de As Pontes.
Alí, ademais de visitar coa axuda dunha guía profesional a cidade de Ourense, poidemos disfrutar dun baño nas termas de Outariz e da recepción do Alcalde no magnífico salón de plenos do concello.
Na Praza Maior fixemos a lectura continuada do Principiño de Antoine de Saint-Exupéry en portugués, francés, castelán e galego. Cada lector escoulleu unha palabra e escribiuna nos paneis dos dous centros. Pola tarde, sentados baixo a árbore do paraíso do horto que o concello está a preparar, compuxemos, coas palabras escollidas, un fermoso poema colectivo:

Nun libro sobre a Selva Virxe
fálase de miles de estrelas
dun esquecido deserto
onde habita un antigo misterio.

Alí, unha pequena e máxica fada,
ferida por espiñas de rosas,
agarda a chegada dun príncipe
sentada á sombra dun baobab.

La tierra en que vivía
representaba la suavidad eterna
e durante o crepúsculo,
as inxenuas estrelas
desaparecían co fin da noite.
Con multitude de cores
unha erupción se mostraba,
con moita dozura ao amencer,
e a cor vermella asomaba.
A insoportable queimazón do Sol
arelaba o extenso mar,
un mar sabio, profundo e perigoso
que sólo un vanidoso héroe podría surcar.
Só a el deberiamos admirar.

Pero... es preciso no olvidar el misterio del desierto
de dunas de arenas doradas,
nin a esquecida illa rodeada de arrecifes de coral.
Fantasías divertidas ,
aventuras extraordinarias,
noites claras
que o príncipe devecía por percorrer a alancadas
que o mergullasen en brillantes océanos venturosos.

Todo estes misterios non se poden ler nos libros,
nin desvelar naqueles mapas debuxados por xeográfos,
borrachos de paisaxes,
que sucumben a grandiosos e infinitos ceos de zafiro
escurecidos pola lúa de prata.

A xa débil fada, cansa de esperar,
camiña por rochas perigosas,
labrando un camiño firme e seguro,
sendo astuta coma un raposo.
Na súa longa viaxe atopou un planeta
en el que el tiempo no pasaba
lonxe da sombra do baobab.

E alí, nese planeta... comprenderás
que hay un secreto y un misterio siempre presentes...
ata que ... camiñando de présa,
agochado entre os viaxeiros,
llegue el príncipe a la fuente del árbol del paraíso!

VISITA A VILLA FLORENTINA



O pasado 22 de marzo, despois de ler O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez, visitamos a casa-museo do escritor -Villa Florentina-, coñecemos o espazo real que inspirou a novela e mergúllamonos na fición a través dun xogo de pistas encadeadas ás árbores do xardín. Así enlazamos literatura e natureza (o 2011 é o Ano Internacional dos Bosques, a obra literaria e o autor, a realidade e a fición.

lunes, 9 de mayo de 2011

Estivemos en Ourense

Igual que en anos anteriores, fomos celebrar o día do libro, esta vez a Ourense. Alí lemos O principiño nas escaleiras da Praza Maior. E despois de ir ás termas de Outariz, fixemos o poema coas palabras tiradas da lectura.
Aí vai esta marabilla que vos saíu!!!