martes, 10 de noviembre de 2009

MÁIS SOBRE ZARA

Sara esta mal, foi ao médico(esperemos que non teña gripe A) asi que hoxe escribo eu. Falta moita xente pero iso non é impedimento para comentar esta historia. Hoxe Begoña trouxonos unha proposta para contar a nosa opinión e poñela na revista e no blog, tamén no taboleiro que xa temos para o Club (compartido)...asi qe dadevos vida e escribide!
A Andrea non lle gusta a historia do asesino das horas e Begoña apóiaa; en cambio Carmen P. di que está ben, que esta relacionado con toda a historia, que leamos o final...
Andrea intenta convencer a Cris de que o libro mola, Cris so leu tres paxinas e. claro, de momento... jeje ...
Carmen sigue defendendo o papel dos asasino das horas, encántalle...pero Begoña...¡arre q non!
Intentamos recordar as vitimas deste asasino...¡vaia memoria que temos!
Ana chega tarde...Bego vaise ao teléfono... Ana comenta a relación entre as historias e o cambio do eu, lugar, tempo e guerras, ao longo dos capitulos.
Hai moi pouca compenetración nas páxinas lidas neste club, pareceme a min: Verónica vai moi adiantada, as profes igual e en cambio outras (eu incluida) imos un pouco atrasadas..
Volven mencionar as secuencias cinematográficas comentadas hai 15 dias... (recordovos que a semana pasada non houbo club xa que visitounos Inés Cuadrado...moitas gracias Inés!Un taller fantástico aínda que con pouca participación!).
Carmen volve a comentar sobre o asasino das horas... ela xa o acabou de ler, non lle da importancia máis que porque foi un trauma para Max. Bego volve dicir que ese personaxe esta metido para enganchar, con "calzador"... e di : “Este home que pinta aqi?”
Falamos sobre a posibilidade de que o autor nos visite ou ir visitalo a outro centro con outros club de lectura.
Volve a aparecer na conversa o asasino das horas(gran protagonista na reunión de hoxe). E soa o timbre!

Un bico para todos!En especial para Sara... mellórate!


Marina.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame a disposición que tedes xa para escribir no blog o día do club. E tamén me encantou a reunión de hoxe. Hoxe disfrutamos comentando o libro, ¿non si?
Begoña.

cris dijo...

OLA!!!

espero que o final do libro sexa bonito.. porque despois de que me insistiran en que o lera, fíxeno. Espero que hoxe o acabe.

Ó final tiñan razon a ente que me dicia que o lera porque a verdade é que ó principio é un toston pero despois engancha.
Asque si alguen ainda non o leeu q o lea, porque é un libro moi bonitooo

bikos

CRIS*

Anónimo dijo...

si...disfrutamos moito a verdade...e o de escribir no blog foi unha boísima,é moi divertido!
Eu persoalmente estou desexando empezar xa co novo libro porque con este...bou moi atrasada e perdome!jeje pero bueno...foi un despiste..o próximo irei día a día!jeje
un bico!
Marina!