sábado, 21 de febrero de 2009


O día 5 de marzo virá a Tropa de trapo a Miño para presentarnos os seus contos da HORA AZUL e facer un taller de actividades. Alí coñeceredes tamén aos membros do club de lectura das Mariñas. Probablemente nos acompañarán outros alumnos-as ata facer un número axeitado para a sesión. Esperamos que o pasedes ben. Queda un enlace para que poidades ver a Marta e a Brais, os contacontos da Tropa.
http://tropadetrapo.blogaliza.org/

miércoles, 18 de febrero de 2009

NOVA LECTURA


Esta semana como non teremos reunión o venres comentaremos o primeiro bloque de contos a través do blog.
Xa podedes comezar

lunes, 16 de febrero de 2009



Xa temos logo para o club de lectura, grazas a Miriam Anido. ¿Gústavos? A min si. Un día destes poñerémola na cabeceira do club e, por suposto, en todas as comunicacións que fagamos. Chao, salicornios-as, animádevos cos comentarios.

sábado, 14 de febrero de 2009



Ben, ola "salicornios e salicornias", hoxe falamos do final e soltei a miña pregunta relacionada co tema da vinganza. Como a contestación foi afirmativa, é dicir, todos e todas pensades que ás veces a vinganza é necesaria, gustaríame que comentasedes por que ou en que casos vos parece positiva. ¿Non pensades que é mellor non facerlle a unha persoa o mesmo -ou peor- dano que ela fixo? Non sei... parece un sentimento máis de rancor que de xustiza, ¿non si?, máis de odio que de resarcimento... ???

Grazas, Marga, por darnos a idea de coñecer a biografía da autora. Eu vouna buscar e ler. Despois xa vos contarei.
Begoña.

lunes, 9 de febrero de 2009

Pois si! A verdade é que eu estou desexando que rematedes de lelo para poder comentar o final de El baile e facer unha pregunta relacionada co tema que dende sempre me preocupou e intrigou. Pero ... como non podo desvelar nada, seguide coa intriga ata o venres!!!. E unha cousiña máis: sei que hai moitas persoas que teñen moito que dicir... pois dicídeo que nos enriqueceremos todos-as, corazóns.

domingo, 8 de febrero de 2009

EL BAILE


PRIMEIRA E SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


Elixido o noso nome, poñemos en marcha este blog para que poidamos encontrarnos de maneira virtual e deixar os nosos comentarios no momento que se nos ocorren.

Esta semana remataremos o libro " El Baile" con final sorpresa para algúns dos lectores do club. Agradecemos aos lectores avanzados que non nos revelaran o final nin sequera nos deran pistas.

Na próxima reunión falaremos con menos coidado de non irnos da lingua. Todos coñecemos agora o final e poderemos comentar con liberdade.