viernes, 14 de mayo de 2010

Contadoras de contos en Ombre


Chus preparou a fondo a experiencia que resultou preciosa, divertida, gratificante... para todos-as: as nenas do Club de lectura, o "enxeñeiro de imaxe e son" (Brais Chao), profes, nais (había dúas asiduas colaboradoras de Isa, a profe da unitaria)e tamén para os pequerrechos da escola.
Todos-as queremos volver. Para o ano esperamos que sexan estes pequenos os que nos veñan facer unha visita. Agora lede as palabras que nos escribiu a profe:

"Que ben que as rapazas se sentiran tan ben. Está claro que cando hai vontade de compartir ábrese un campo de benestar do que todos participamos... Cando somos capaces de facelo ben os alumnos/as valórano e disfrutan. Aquí tamén quedaron encantados e incluso, un deles quería ir ao voso instituto. Quedaron tan contentos que a palabra Miño convertiuse nun elemento significativo que xa ubicamos xeograficamente e que deu pé, co gallo das Letras Galegas e o poeta do Courel, a situar elementos xeográficos como as serras e o río Miño. Por algo os signos teñen dúas partes e unha delas claramente é a asociación que con elas facemos coa realidade. Neste caso, queda claramente asociada a un lugar non moi lonxano, do que veu a palabra, a historia e a amizade. Unha aperta grande para todos e non nos imos esquecer que temos unha cita pendente todos os anos."

4 comentarios:

Brais dijo...

A verdade cando existen ganas de facer algo, casi nada mais fai falla para levarse á cabo.

Marina cuenta cuentos que es divina dijo...

Unha das cousas que mais vou botar de menos cando deixe este cole vai ser todo isto: Cada unha das actividades que nos dades a oportunidade de facer!
Eu teño que darvos as grazas, a todas, as profes de Miño por levarnos, a Chus por non rendirse nos ensaios, a unitaria de Hombre por acollernos asi de ben, as miñas compaleiras porqe sen elas non seria posible e o meu Braisiño que intentou deixalo todo ben plasmado!
Pasei unha maña estupenda, nas caras dos nenos se veia que estaban a disfrutar con cada un dos contos ´e xenial recibir unha recompensa polo traballo realizado e neste caso non ai nada millor que o sonriso deses pequechos!
Agora solo quero volver!!estea onde estea...contade conmigo:)

luisa dijo...

bueno pois a verdade é que o pasei xenial cos nenos, portáronse moi ben e nosotras tamén o fixemos moi ben!! hai que repetir e por suposto todos xuntosss!!!

Anónimo dijo...

Por fin temos a tecnoloxía da nosa parte e podemos mandarvos o que dixeron os nenos e nenas de Ombre sobre a vosa actuación. Aí van :
Podedes vir cando queirades. Vera

Me gustó moito Paco Papán. Álvaro

Gustounos moito Paco Papán. Álex, Mario e Antón

Gustoume moito o conto de Cristina. Carmen

Gustoume moito o conto de Melisa. Paula

Gustoume todo moito. Volvede outro día. Sara

Gustoume moito Paco Papán e quero dar as gracias a Patricia polo que escribiu. Diego

Gustoume moito e paseino moi ben. Mateo
Gustoume moito a historia de Paco Papán e gustaríame visitar o voso instituto. Bieito

Ao Día seguinte escoitamos a canción de Paco Papán . Unha aperta moi grande para todos.