martes, 8 de marzo de 2011

As manifestacións corpóreas de Gurb e o seu compañeiro de viaxe

O personaxe que protagoniza Sin noticias de Gurb non é Gurb, senón o comandante da nave espacial na que chegaron á terra. Gurb é importante pola súa ausencia (o seu comandante percorre a cidade buscándoo) e polo desenlace, que aquí non descubro para que sexa unha sorpresa.
Estes extraterrestres son só entes pensantes sen corpo, polo que a súa estancia na terra esíxelles adoptar forma humana e, para facelo, botan man da información visual da que dispoñen. Gurb escolle a imaxe corporal de Marta Sánchez e non a cambia, pero o seu compañeiro adopta varias formas que, se miramos ben, dinnos moito da súa personalidade: escolle sempre figuras masculinas con certa relevancia social e aspecto físico destacado. É xefe, síntese xefe e transfórmase en xefe terrícola.
A composión fotográfica que podedes ver amosaravos o contraste físico entre Gurb e o seu compañeiro de viaxe, así como os diferentes aspectos deste último.

5 comentarios:

Juan Picos dijo...

Agora xa estou tamén eu alistado no Club, alégrome compañeir@s!!

Begoña dijo...

Pois eu tamén me alegro!!! Xa sabes por que... Este é un bo comezo para camiñar por onde "debes"! Ánimo e adiante!

Juan Picos dijo...

Vou camiñar como Jesús, polas augas.... A ver se non me mollo moito

Begoña dijo...

E... non sería mellor que camiñases por terra firme con pasos seguros sen tanto equilibrio para non mollarte?

Juan Picos dijo...

Non, que agora ven o bo tempo e estase mellor na auga!!