lunes, 9 de febrero de 2009

Pois si! A verdade é que eu estou desexando que rematedes de lelo para poder comentar o final de El baile e facer unha pregunta relacionada co tema que dende sempre me preocupou e intrigou. Pero ... como non podo desvelar nada, seguide coa intriga ata o venres!!!. E unha cousiña máis: sei que hai moitas persoas que teñen moito que dicir... pois dicídeo que nos enriqueceremos todos-as, corazóns.

5 comentarios:

Biblioteca dijo...

Ola,son Marga,unha mariña lectora. "El baile" é un dos meus libros especiais. Cando o lin sentín unha gran curiosidade por coñecer a vida da súa autora e pódovos asegurar que é moi interesante.
Saúdos desde Betanzos.

Carmen dijo...

Ler só unha parte do libro foi un pouco duro, porque tivemos que deixalo no momento máis interesante. Sen embargo, tamén apreciei a posibilidade de comentar o desenvolvemento da historia sen saber o final, porque poiden fixarme máis nos detalles. Unha vez lido El baile(e non penso adiantar o final!) a miña percepción do personaxe principal cambiou, pero non me decepcionou en absoluto. O próximo venres falamos diso ¿de acordo?

Anónimo dijo...

Ben, "salicornios e salicornias", xa sabedes cal era a miña pregunta relacionada con ese sentimento tan común: a vinganza. E como a resposta foi en case todos os casos afirmativa, gustaríame que explicasedes cando entredes por este blog (que espero que sexa PRONTO) por que credes que a vinganza é ás veces necesaria e se non sería mellor esquecer os danos que nos fan porque... ¿a vinganza non consiste en facer o mesmo dano a unha persoa que o que esa persoa causou?
Grazas, Marga, por aportar esa idea da biografía. Eu vouna buscar e ler. Xa vos contarei algo. Begoña.

Anónimo dijo...

bueno pasome a firmar xa e insistichedes tanto en que o fixesemos!
respecto o tema da vinganza eu penso que as veces para alguna xente é necesaria,ásveces non esta mal porque asi a outra pesoa sinte o que te fixo sentir,de todas formas se todos pensasemos asi estariamos en vinganza continua cn algunha xente xa q ti me fastidias,eu me vingo,depois ti te vingas de min por vingarme e empezamos unha cadea sen fin!
aver que tal sae este proximo libro,o se contiños esta moi bn porque seria moi raro que non te gustase ningun encabio nun libro dunha soa historia se non te gusta pois non te gusta!
a min "el baile"gustoume bastante ainda que non colaborei moito nas reunions=)un biko!

castroblog dijo...

Pois aquí estou de novo. Busquei datos biográficos sobre Irene Nemirovsky e... ¡A súa vida é "cuspidiña" á da nosa progagonista Antoinette! Recollo uns parágrafos que baixei de Internet:

"Irène Némirovsky naceu en Kiev, en 1903, filla dun dos banqueiros máis ricos de Rusia, Léon Némirovsky. Mamá chamábase Faïga, pero facíase chamar Fanny, e nunca soubo o que era o instinto maternal. O resultado foi que Irène, xa adulta, fará explícito en varias oportunidades o odio que sentía por unha nai que non se ocupou dela e deixou que fose unha nurse e varios profesores os que a educasen. O 13 de xullo, Irène é detida polos xendarmes, internada nun campo de concentración francés e enviada máis tarde á morte, concretamente a Auschwitz.
En 1942, nese campo polaco, morreu de tifus".